25 de marzo de 2010

Arturo e Clementina


Para rematar as clases do 2º trimestre tivemos un agasallo especial. Carolina, a mamá de Candela, veu á clase e leunos varios contos.

O primeiro que leu foi o de "Arturo y Clementina", dúas tartarugas que se enamoran un fermoso día de primavera. Clementina soña cunha vida chea de aventuras. Quere aprender a tocar a flauta, a pintar, viaxar a Venecia... Arturo mércalle regalos e ofrécelle unha vida tranquila e sen sorpresas. Ela carga cos regalos e abúrrese. Ata que un día decide vivir ó seu gusto. Un día Arturo atopa a casa baleira e non entende nada.

Grazas Carolina, gustáronnos moito os contos.

24 de marzo de 2010

A maxia do vento


Se o vento
anda na rúa
é como unha pintura.

Se o vento
conta estreliñas
a Lúa queda soíña.

Se o vento
sobe ós outeiros
abanea os piñeiros

Se o vento
fai aloumiños
alegra os meniños.

Se o vento
é un lacazán
as flores non medrarán.

Se o vento
sopra do norte
douche un bico forte.

Se o vento
anda no espazo
é coma un abrazo

Se o vento
move as flores
soña coas cores.

Remataron a proposta de Antonio García Teijeiro os nenos/as de 2º


18 de marzo de 2010

O mellor papá do mundo!!


Encántame xogar contigo.
Eres moi bo.
Axúdasme sempre.
Confías en min.
Abrázasme.
Fasme rir.
Lévasme ao parque.
Dasme bicos.
Quérote con todo o corazón!!

Nenos/as de 2º

O mellor regalo para os nosos papás, o seu retrato e palabras bonitas



Paséasme, peitéasme.

Axúdasme, aliméntasme.

Protéxesme, perdóasme.

Acompáñasme, abrázasme.


11 de marzo de 2010

Saída a Pontevedra



“El gato manchado y la golondrina Sinhá”

O once de marzo de 2010 fomos a Pontevedra os das clases de 1º e 2º ver unha obra de teatro. Cando chegamos a Pontevedra merendamos e ao acabar xogamos nun parque circuíto.
A parte máis importante foi o teatro que trataba dun gato chamado Gato Manchado, non tiña amigos porque se portaba mal con eles. O primeiro día da primavera coñeceu a unha andoriña chamada Sinhá. A partir dese día fixéronse moi amigos e namoráronse pero a andoriña tivo que casar co reiseñor porque a nai lle dicía que non se podía casar con Manchado porque a podía matar.

Despois de ver o teatro fomos para o cole.

1 de marzo de 2010

A balea branca

O venres (28-2) Candela trouxo á clase os osos da balea que apareceu morta na praia de Lagos no mes de decembro. Esta é a foto dos ósos e a noticia que escribiu.


Onte (19-12-09) descubriron unha balea morta. Encontrárona na praia de Lagos. Nós fomos vela. Andamos polas rochas, era moi difícil. Os avós non podían ir polas rochas e foron polo camiño. Despois de andar moito polas rochas atopamos a balea branca. Era enorme e tiña un óso a medio saír. Á balea branca faltáballe a mandíbula de abaixo. Papá encontrou a mandíbula rota e un óso. Levámolo para ensinar no cole.

12 de febrero de 2010

Celebramos o Entroido



Encántanos esta festa.
Nela disfrazámonos.
Todos cantamos coplas.
Rimos moito.
O celebramos todos os anos.
Inventamos cancións.
Desfilamos xuntos pola Pedreira
Ó final queimamos o "Meco"

Nenos/as de 2º

4 de febrero de 2010

Poema "A Lúa e a nena dourada"


No libro de poemas "Á sombra do lueiro de papel" de Ed. Everest, Antonio García Teijeiro propón continuar un poema que el empeza así:

Xa vén dona Lúa
cantándolle arrolos
á nena dourada
que eu teño no colo.


Nós continuámolo así:

Xa vén dona Lúa
recitando cantigas
dálle alegría
á nena durmida.

Xa vén dona Lúa
á nena entreter
co seu axóuxere
faina tremer.

Xa vén dona Lúa
o berce abanear
cos raios fermosos
fai á nena brillar.

Autores/as: nenos/as de 2º

22 de enero de 2010

21 de enero de 2010

ADIVIÑA

Serve para poñer cousas enriba.
Ten catro patas.
Hainas de varios materiais: madeira, cristal, plástico...
Hainas circulares, cadradas, rectangulares...
¿Sabes que cousa é?


Autora: Yanira

20 de enero de 2010

Mellor en equipo





Onte eu, Pedro, Nico e Ían fixemos unha torre que nos quedou moi chula. Quero agradecerlles a Ían por poñerse de acordo cos planos que fixera, a Nico por aguantar a torre e a Pedro por ter a idea do tellado. Lles dou as grazas por participar no traballo en equipo.

Autor: Antón

O martes día 19 na hora do recreo fixemos unha torre.
1º O día 18, fixemos o plano,
Antón encargouse de debuxalo.
2º O día 19, Pedro, Nico, Antón e eu,
empezamos a construila por abaixo, despois a torre.
Chamase a Torre mundial II

Autor: Ían





Onte Anira e eu fixemos un traballo en equipo. Fixemos unha construción. Construímos unha torre e o pasei moi ben xogando con Anira.

Autora: Andrea






Onte eu, Lisa, Candela, Yanira e Inés fixemos unha torre en equipo. Era grande e bonita. Pasámolo moi ben facéndoa.

Autora: Cris

Onte no recreo fixemos unha construción. Eu fixen un coche. Yanira o outro coche. Cris facía cousas para colocar. Casi ao final xuntamos as cousas e quedou chulísima. Era unha torre de ladrillos.


Autora: Candela

15 de enero de 2010

Información das águias



A águia é rapaz, mata a outros animais e os come. Ten unha vista moi aguda. Cando detecta un, cae en picado e lanza as súas patas cara adiante. No niño despeza a presa co seu pico afiado e curvo.


Autor: Néstor

ACRÓSTICO


S
olo dura durante la mañana y la tarde.

Obtenemos su calor.

Luz le da a la tierra
.

Autor: Ían

22 de diciembre de 2009

Hoxe pasou algo especial




Hoxe no cole pasou algo especial, viñeron os Reis Magos. Démoslles 21cartas. Cando volvamos das vacacións teremos moitos regalos.

Sergio

Hoxe termina o cole e temos vacacións entón viñeron os Reis Magos. Primeiro lles saudamos e lles dimos as cartas, logo fixemos unha foto con eles e ao final nos despedimos de eles. Despois fixemos a merendola.

Antón

Hoxe foi un día moi especial, o vou explicar. Ao chegar á clase ordenamos uns traballos de matemáticas e logo cando acabamos viñeron os Reis Magos. Cando se foron merendamos. Logo quixemos ir ao recreo pero chovía entón bailamos e xogamos na clase.

Pedro

14 de diciembre de 2009

As focas brancas e negras



Érase unha vez unhas focas de cor branco e outras de cor negro. Entre todas as focas negras había un macho pequeniño que se chamaba Leo e estaba enamorado dunha femia das brancas que se chamaba Fofita, tamén ela estaba enamorada de Leo. Pasados moitos días Fofita e Leo bailaron xuntos. E pasados uns poucos días máis casaron e tiveron moitos filliños. Viviron felices e contentos.


Andrea

5 de diciembre de 2009

Cousas bonitas que imaxino de min


Se eu fose unha folla sería moi fermosa

Se fose moi fermosa bailaría co vento

Se bailase co vento voaría libre no ceo
Se voase libre no ceo estaría feliz



Se eu fose unha estrela xogaría coa lúa
Se xogase coa lúa pintaríamos a noite

Se pintásemos a noite iluminaríamos os soños

Se iluminásemos os soños desaparecerían os pesadelos


Poema colectivo dos nenos/as 2º

30 de noviembre de 2009

Visitamos a exposición de Maruja Mallo



Hoxe as clases de 2º e 1º fomos a ver cadros de Maruja Mallo. Primeiro fixemos a fila das parellas, despois montamos no autobús. Cando chegamos a Moaña tiñamos un problema co parque, estaba en obras e tivemos que ir ao parque de Domaio. Nada máis chegar comemos a merenda e púxose a chover, buscamos un refuxio para non mollarnos. De alí a un pouco subimos ao autobús e fomos a un parque de pasear en Vigo, nel xogamos a pita e despois as profes nos chamaron para ir á Casa das artes. Cando chegamos fixemos manualidades. Consistían en que faciamos un cadro ao que lle faltaban pezas. Nunha caixa que estaba na mesa había cachiños de moitas cores, eran as cousas que lle faltaban aos cadros. Podiamos poñerlle detalles. Logo fomos as salas de cadros que aínda non coñeciamos, a min me gustou moito o da señora pescadora e a señora agricultora. Cando chegamos de volta ao cole rematamos as manualidades que fixeramos. Despois tocou o timbre e fómonos para a casa.

Antón

18 de noviembre de 2009

Información de Lisa




Traducción del texto que aparece en la imagen.
El castaño
En Ucrania también nos gustan los castaños. Estos árboles son muy bonitos y en primavera les aparecen hojas y después flores muy bonitas. Flores blancas y rosas, tienen agradables olores. La ciudad capital de Ucrania es Kyev. El símbolo de Kyev es el castaño. ¡En mi país no se comen castañas!
Una marca de helados se llama "castaño".

13 de noviembre de 2009

Por fin chegou o día!!


Moitas persoas emborrallámonos
As nenas/os divertímonos moito
Gústanos esta festa
Os nenos/as xogamos polo patio
Sempre o pasamos ben
Todos comemos castañas
O facemos todos os anos


Diálogo entre a castaña e o verme
C-Verme, sae de aí que me estás rompendo o cerebro.
V-¡Pero eiquí xa teño a miña casa!
C- Morrerei se non saes.
V-Vou buscar unha castaña morta para meterche un pouco de carne e voume vivir a unha froita.
Nico e Sergio

9 de noviembre de 2009

Fiesta de la libertad en Berlín 20 años después de la caída del muro


(Foto publicada en El País digital)

La señora está poniendo flores porque hai una fiesta de la libertad en Berlín 20 años después de la caída del muro.
Hanane

En Berlín había un muro y hace 20 años lo derrumbaron porque los políticos han pensado que así no se arreglan las cosas y hoy se celebra el 20 aniversario de la caída del muro.
Álvaro

Hoy en Berlín se celebra la fiesta del derrumbamiento del muro de Berlín. Empezarán la fiesta derribando las piezas de dominó que pintaron los pintores de todo el mundo.
Candela

Alemania celebra unha festa do 20 aniversario da tirada do muro de Berlín. Derrubaron o muro porque os políticos pensaban que así non se arreglan as cousas.
Néstor

Hace 20 años en Berlín había un muro que separaba un sitio del otro así que los políticos pensaron que había que arreglar eso porque había muchos familiares que no podían ver a otros familiares suyos.
Antón

A festa da caída do muro
Celebraron a festa poñendo fichas de dominó xigantes decoradas con cadros de moitos pintores. Van tirar as pezas para facer que tiran o muro
Nico

En el aniversario de la caída del muro tenían unhas fichas de dominó gigantes que unos pintores las pintaron. Las colocaron como si fuese un muro, dieron a una y empezaron a caer todas.
Rubén


El muro


"En las primeras horas del día 13 de agosto de 1961, cientos de vopos (soldados miembros de la milicia popular) y colaboradores de la Stasi (servicio de seguridad del estado) comienzan a tender alambradas a lo largo de los 155 km del perímetro de Berlín oeste, de los cuales 43 km correpondían a la línea de separación entre las dos partes de la ciudad. Se cortaron calles, se tapiaron ventanas y se volaron casas.

Pronto se convirtió en un muro de cemento de 5 m de alto, coronado con alambre de espino y vigilado por torretas de vigilancia, nidos de ametralladoras y minas. El muro fue reforzado cuatro veces y llegó a tener 302 torres de vigilancia, 20 bunkers, 259 zonas controladas por perros y miles de proyectores. A lo largo de su historia (1961-1989) aproximadamente 5.000 personas consigueron cruzarlo arriesgando sus vidas. Un numero similar también de alemanes orientales fueron capturados mientras lo intentaban y 191 murieron en su intento de acceder al Berlín coccidental."


6 de noviembre de 2009

Unha historia real

A GATA ASUSTADIZA

Unha noite de SAMAÍN unha rapaza chamada Arina xogaba coa súa nai ao escondite. A nena fixo unha trampa, foise á cama da súa avoa e meteu os coxíns na cama para que a súa nai pensara que estaba alí.
A nai descubriu o engano e quixo asustar á cativa. Púxose a catro patas e foi toda agachada para que non a vise, pero o susto foi colectivo porque a primeira en asutarse foi a gata Mica que estaba moi tranquila durmindo na alfombra. Ao mirar aquilo que se acercaba a catro patas, o gato confundiu a nai de Arina cun can. Saltou pola cama trepando por enriba de Arina e da súa avoa e tirando todos os cadros e figuras que estaban nas mesiñas de noite.
-¿Que foi iso?, preguntou a avoa.
Pasou todo tan rápido que non viron que fora a gata que, aterrorizada, esconderase detrás do armario e non saiu ata que se tranquilizou.

¡¡Menudo susto levaron todos!!

Relato de Anira e a súa nai.

24 de octubre de 2009

Se a abella desaparecese, ó home só lle quedarían 4 anos de vida (Albert Einstein)


Os investigadores/as de 2º de Primaria iniciaron este curso un Proxecto de traballo sobre As plantas e continúan afondando no mundo da Apicultura.

Interpretan de seguido a afirmación mencionada e atribuída ó científico Albert Einstein:


As abellas son moi importantes porque axudan ás plantas e ás árbores.

Cando as abellas van chuchar o néctar a unha flor, mánchanse de pole na parte macho da flor (antera)



Despois van a outra flor e déixanlle o pole que colleron noutra, na parte femia da planta (estigma).

Isto chámase POLINIZACIÓN.

A flor polinizada convértese nunha froita.







Se morresen todas as abellas, tamén morrerían as plantas e as árbores.

As abellas non poderían polinizar, quedarían as árbores sen froita e non nacerían máis.

Non habería máis froita e quedariamos sen osíxeno :-(





INVESTIGADORES/AS DA CLASE DE 2º DE PRIMARIA


SAMAÍN




Xa faltan poucos días para a festa do Samaín. Temos que empezar a preparar as cabazas para expoñer no corredor do cole.


"Samaín significa fin do verán e principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo do Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran as datas claves para reunirse nos camposantos..."
Información recollida no blog Vieiros da escola.
Se queres saber máis preme neste enlace: Vieiros da escola.

6 de octubre de 2009

Temos un problema


A Guapa saíulle un vulto no pescozo.
¿Que podemos facer?


Isto é o que pensamos:
  • Podemos preguntarlle ao tío de Candela que é veterinario.
  • Preguntarlle ao tio de Cris que sabe de tartarugas.
  • Buscar en internet enfermidades de tartarugas.
  • Chamar por teléfono ao zoo da Madroa.
  • Falar polo messenger co zoo e mandar unha foto da tartaruga.
  • Escribir un mail ao zoo e enviar unha foto.
  • Escribir unha carta ao veterinario do zoo.

2 de octubre de 2009

Viaxe as illas Cies

O 16/08/09 fun as illas Cies de Vigo. Todo empezou ao amencer. Saimos de casa e fomos andando ao Muelle de Cangas collimos o Barco das 10:00 para as illas Cies. Había moita néboa e non se via nada. Cando chegamos as illas Cies desembarcamos no único muelle que hai en toda a illa. Logo miña nai me comprou un mapa de toda a illa e da illa prohibida de Cies. Primeiro fomos ao faro do peito Monte Agudo, tivemos que andar 1.206 m para encontralo. Logo fomos ao observatorio de aves, tivemos que andar 190 m para encontralo. Despois fomos ao alto do príncipe, tivemos que andar 936 m par encontralo. .Máis tarde fomos comer a un restaurante e cando acabamos fomos ao Faro de Cies, tivemos que andar 1, 4 km pero ao final encontramolo.
Bañeime, a auga estaba moi fría pero ao final conseguín bañarme. Logo collín o barco das 17:00 para Cangas. Paseino Xenial.

Ían

23 de septiembre de 2009

AS VACACIÓNS DE NICO E PEDRO














UN DÍA FOMOS A "CUARTOS" CHÁMASE ASÍ PORQUE HAI MOITAS POZAS. A AUGA ESTÁ XENIAL. OS MEUS IRMÁNS, MEU PAI E MÁIS EU TIRÁMONOS DE CABEZA DENDE UNHA ROCHA A POZA XIGANTE E MERGULLÁMONOS ATA UNHA ROCHA AFUNDIDA E ALÍ XOGAMOS A FACER "YOGA".
AO FINAL DO VERÁN NICO FOI DE CAMPING COS SEUS PADRIÑOS


Entrada de Nico e Pedro coa colaboración de Luana

11 de septiembre de 2009

XA ESTAMOS EN SEGUNDO !!


Xa estamos en 2º. Agora somos a clase das tartarugas.

Empezamos un novo curso con moita enerxía e ganas de ver aos nosos amigos e amigas.
Pouco a pouco irémosvos contando o que facemos.

24 de agosto de 2009

Para adiviñar

Cen damas mouras
van polo camiño,
nin erguen polvo,
nin fan bolicio
ata deixar a carga de trigo.


Do libro de adiviñas ¿Que cousa é cousa...? de Paco Martín

14 de julio de 2009

Adiviña


L
uz bonita nos da
Unha cousa que sae pola noite
As ratas pensan que é un queixo