27 de febrero de 2013

Para poner en los pies (Manu G.)


Os tres porquiños

Hoxe Manu contounos este conto utilizando elementos que el mesmo fixo como as casiñas, o lobo, os porquiños... Fíxoo moi ben, encantounos.

25 de febrero de 2013

21 de febrero de 2013

As margaritas

Onte Emma recitounos o poema que ela mesma escribiu, falaba das margaritas. Fíxoo moi ben.

20 de febrero de 2013

18 de febrero de 2013

Adivinanza de Pedro


Buscamos información do gato.

No Entroido disfrazámonos de gatos por iso buscamos información para saber máis cousas destes animais.
Se queres ler a información que completamos entre todos e todas preme na imaxe.

15 de febrero de 2013

8 de febrero de 2013

Celebramos a festa do Entroido

Empezan as festas do Entroido, nós celebrámolo hoxe. Non faltaron orellas, filloas, e outras lambonadas propias destas datas. Tampouco faltaron os disfraces e o bo humor.
Tivemos sorte xa que nos acompañou o tempo para desfilar polo barrio e para cantar as coplas no patio.


6 de febrero de 2013

Un día na vida de David

 ¡Que ben nos relatou David un día da súa vida! 
 Podedes ler a continuación este relato poético:

ÉRGOME POLA MAÑÁ
CON BO PÉ, NON SON LACAZÁN

MARCHO PARA A ESCOLA
QUE AÍNDA QUE TEÑA BARROTES
NON É UNHA GAIOLA

SAIO CONTENTO PORQUE 
AGORA COMEZA O DIVERTIMENTO

XA POLA NOITIÑA
¡QUE CANSO ESTOU
MIMADRIÑA!

PERO TEÑO TEMPO DE PENSAR
MAÑÁ É OUTRO DÍA
¡QUE BEN O VOU PASAR! 

Autores: David e o seu papá
 

Información de Natalia


4 de febrero de 2013

1 de febrero de 2013