29 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN DE CABALOS EN 2º:OS NOSOS "SPIRIT"

O primeiro día empezamos con 3 cabalos de Antón
O SEGUNDO DÍA!!!!!!!!!!!!
Son todos distintos


27 de noviembre de 2013

Un dente móvese

A protagonista deste conto que escribiu Daniel Barbot é Mariña. Unha mañá sente que un dente se lle move. A súa nai arríncallo atándoo cun fío azul. Ao deitarse puxo o dente debaixo da almofada e durmiu. Esa noite soñou...

Nestas imaxes aparecen as ilustracións que fixeron as nenas/os de 2º
 
 Despois de ler o conto tamén pensaron preguntas para facerlles aos seus compañeiros e compañeiras:
  • Como se chama o autor deste conto?
  • Como se chama a nena?
  • Como lle arrincou a súa nai o dente?
  • Que fan os ratos cos dentes?
  • Que lle trouxo o rato a Mariña?
  • Quen virá buscar o dente?
  • Foi un soño?
  • Quen lle arrincou o dente a Mariña?
  • A quen lle dixo Mariña bos días?
  • Que se lle movía a Mariña?
  • Con que lle arrincou o dente?
  • A quen abrazou Mariña?
  • A quen se lle caeu o dente?
  • Con quen falou Mariña?
  • Cando vén o rato Pérez? e por que?

25 de noviembre de 2013

A PELÍCULA DE "UP" EN 1º DE PRIMARIA

Ola!
Somos os nenoa/as de 1º.Este ano temos de tema núcleo "O Cine".
Estamos traballando a peli "UP".Fixemos esta foto coa casiña da película para que a coñezades.



20 de noviembre de 2013

OS NENOS/AS DE 2º NA FESTA DO MAGOSTO

O venres día 15 celebramos o magosto.Pasámolo moi ben xogando a encestar as castañas no papacastañas, ao xogo da corda e a facer parellas.Logo comemos castañas e nos emborrallamos.
Preparadas para xogar
Os nosos cetiños eran claquetas de cine
A comeeeeeer!!!
Martín emborrallado comendo as castañas

15 de noviembre de 2013

PAOLA TRUXO UN NOVO AMIGO AO COLE

Paola cóntanos cousas sobre os órganos

11 de noviembre de 2013

XANDRE COMPARTE COA CLASE O SEU ESQUELETO

Xandre amoxa o esqueleto que fixo na casa coa súa familia