30 de mayo de 2013

NA PRAIA

Hoxe Manu M. recitou este bonito poema que fala da praia. Supoñemos que dentro de pouco, agora que chega o verán, poderemos disfrutar dela.
A continuación podedes ler o poema:

Na area fina 
un castelo farei. 
Cando veña a auga 
llo entregarei. 

Dirame: "gracias"
e eu direi: "non hai de que". 
Dentro do castelo 
deixarame un peixe. 

Coa area fina 
un castelo farei.

29 de mayo de 2013

28 de mayo de 2013

SÍGUEME

Este conto que nos leron Aïcha e Lara fala dun elefante gris con lunares morados. Vive nunha selva e namórase dunha formiga negra con cintura de avespa. Unha historia de amor que non ten nada de raro.

27 de mayo de 2013

25 de mayo de 2013

A ARAÑA

Na casa, coa axuda da nosa familia, buscamos información da ARAÑA. 
Se premes na foto poderás ver a información que completamos entre todos e todas.

    Araña na súa arañeira (Bosque Encantado de Aldán).

24 de mayo de 2013

23 de mayo de 2013

Meloso, o oso do mel

Onte foi Doaa a que nos contou este conto que trataba dun osiño que despois de hibernar tiña moita fame e atopou unha colmea chea de mel...

22 de mayo de 2013

David cuenta...


Campionato de técnica de Taekwondo


O domingo cinco de maio, pola mañá, houbo un campionato de técnica de Tekwondo na pavillón do Gatañal. Noa, que practica este deporte, acadou o primeiro posto, MEDALLA DE OURO, facendo o primeiro pumse e o segundo punse.
Este campionato organizouno o clube  Sares tkd, ao que Noa pertence.
Noraboa Noa.

15 de mayo de 2013

O arco da vella

Esta mañá Claudia contounos este conto utilizando pequenos monicreques que ela mesma confeccionou. Trataba do que sucedeu nun lugar que de tanto chover quedou todo sen color. Grazas ao arco da vella as persoas puideron utilizar ás súas cores para darlle color ás flores, ás bolboretas, as casas...

Brais M. nos propone una receta para una familia feliz


14 de mayo de 2013

La flor aventurera

Esta mañá os nenos e as nenas da clase de 2º representaron na biblioteca este conto para os seus compañeiros/as de outros cursos. Todos seguiron a historia con moito interese e participaron nalgúns momentos da representación.

13 de mayo de 2013

Exposición de bolboretas no local de ADICAM

Esta mañá fixemos unha pequena saída ao centro de Cangas. Fomos ver unha exposición de fotos de bolboretas da nosa zona ao local de ADICAM. O autor das fotos é Pepe Piñeiro.

Nesta presentación podedes ver algúns momentos desta saída. Imaxes da saída realizadas polos nenos/as:

9 de mayo de 2013

A bruxa curuxa

Onte Adonai recitounos moi ben este poema de Gloria Sánchez, é divertido e gústanos moito.

7 de mayo de 2013

Una pregunta de Manu G.


As tres fillas


Nerea F. e Raquel leron este conto que fala dun rei que tiña tres fillas que eran... bonitas! bonitas! bonitas!, meteunas en tres potas e... 
¿Con quen acabaron vivindo felices?...

3 de mayo de 2013

Anxo propón...


La señora araña

Nerea N. é a autora e a ilustradora deste conto que, xunto con Raquel, contou hoxe na clase de 2º. Nas imaxes podedes ver algúns momentos da lectura así como dúas páxinas do conto coas respectivas ilustracións.

2 de mayo de 2013

A CATALPA DO PATIO

Nesta presentación podedes ver como a catalpa do patio empezou a botar as folliñas unha vez entrada a primavera. Nos primeiros días de abril víanse as primeiras follas e agora xa están ben grandiñas.