30 de septiembre de 2011

Cocorico


¡Canto nos gustou este conto que contou Sabela!
Cocorico é un pitiño que vive coa súa nai. Un día vai buscar leña para que a súa nai faga un biscoito para merendar. Mentres a recolle, aparece Gato Pelado que o quere comer. Consigue salvarse prometéndolle a metade do biscoito. Cocorico, que é moi glotón, olvida o trato e come o biscoito enteiro. ¡Menudo susto vai levar cando veña Gato Pelado!

29 de septiembre de 2011

28 de septiembre de 2011

26 de septiembre de 2011

La primavera


AUNQUE YA ESTAMOS EN OTOÑO, RAQUEL NOS CONTÓ UN BONITO CUENTO DE LA PRIMAVERA.

Teo conta...


Hoxe fun á pastelería da miña tía. Por traballar tanto me deu 2€.

23 de septiembre de 2011

Os bolechas teñen medo


Hoxe David foi o encargado de contarnos este conto de medo.
É noite e os Bolechas durmen. Sonia espertou cun ruído e pouco a pouco van espertando todos, están tremendo de medo. Saen ao corredor e descobren que o ruído vén da cociña.
¡É chispa que foi aos chourizos! ¡Menudo susto levaron!

Mar conta...


Hoxe está mamá de cumpleanos. Pola mañá cantámoslle cumpleanos feliz. Hoxe meu pai non traballa. Paseino moi ben. Chao agora vou facer matemáticas.

22 de septiembre de 2011

Os xirasois



O aguacate despois do verán


O aguacate nas vacacións medrou moito. Antes medía trinta cm e agora medrou ata setenta e un. Fixemos un problema para ver canto medrou. Comprobamos que medrou corenta e un cm.
Mar

19 de septiembre de 2011

15 de septiembre de 2011

14 de septiembre de 2011

Empezamos o curso con ilusión


Quería vir ao cole...

porque me gusta traballar.
Iván

porque é moi divertido e tamén as clases e os libros son moi divertidos.
Joel

quería ver á profe e xogar cos meus amigos/as.
Mar

porque aprendo máis cousas e coñezo novos amigos.
Lúa

porque é divertido e aprendo cousas.
Brais

quería xogar cos amigos.
Teo

porque me divírto e aprendo cousas novas.
Héctor

porque quero aprender.
Adrián

porque aprendemos máis, a escribir, a ler.
Roque

porque quero estudar e aprender cousas interesantes e debuxar e facer deberes.
Amina

para estar cos meus amigos/as, coas profes e aprender máis cousas.
Sheyla

porque me gusta aprender e atender, facer sumas, fichas, ler, facer matemáticas, facer ximnasia, xogar, facer puzzles, ir ao patio, coller castañas e xogar ao fútbol.
Anxo

porque teño ganas de estar coa profe e tamén quero estar cos meus amigos.
Xoel

para ver aos meus amigos e as profes e porque quero aprender máis.
Lena

porque teño ganas de estar cos meus compañeiros e teño ganas de traballar.
Xaime