22 de junio de 2011

¡Que festa tan divertida!



Hoxe foi un día especial, rematou o curso e no cole fixemos a festa.
Os nenos e as nenas participaron nos diferentes xogos cooperativos, todos conseguiron un bonito mandil.
Ao rematar os xogos, tomaron unha abundante merendola para repoñer forzas.
Para as nenas e os nenos de 1º aínda foi máis especial xa que veu Antía para pasar con nós este último día de clases e desexarnos un bo verán.
Despois de despedirse dos seus amigos/as e dos profes, moi contentos cos seus traballos marcharon para a casa.
¡¡Felices vacacións!!

¡Canto medrou o aguacate!


A primeiros de marzo puxemos un oso de aguacate nun vaso cunha pouca auga e non deixamos que quedase seco nunca.
A mediados de abril tiña unha raíz de 3 cm.
A finais de abril tiña raíces secundarias e un talo de 2 cm.
Dende fianis de abril a mediados de maio o seu talo medraba 1 cm por día.
A mediados de maio medía 27 cm, tiña 4 follas grandes e 2 pequenas.
O día 19 de maio plantámolo nun testo.
Hoxe xa mide 41 cm e ten varias follas grandes, Xoel lévao para coidalo no verán.

Tamén plantamos pipas de xirasol na horta do cole, están moi grandes pero aínda non teñen flor, seguro que a principios de xullo florecerán.

21 de junio de 2011

Concerto fin de curso


Hoxe os nenos e as nenas de 1º ofreceron un concerto de cancións populares galegas aos pais e as nais que acudiron á reunión de fin de curso. Foi un éxito.

20 de junio de 2011

16 de junio de 2011

O Pito Cairo


Anxo contounos as aventuras do Pito Cairo que atopou unha saqueta chea de moedas de ouro cando estaba escaravellando na terra. Quixo levarllas ao rei e polo camiño encontrou varios atrancos. Cando chegou á corte real, o rei quixo papalo pero o pito conseguiu saír vivo.
Gustounos moito.

15 de junio de 2011

14 de junio de 2011

13 de junio de 2011

9 de junio de 2011

Xaime e as landras


Que conto tan bonito nos contou Xaime!
Trataba dun neno que plantaba unha landra, viña un esquío e escondíaa; plantaba outra, viña un cabalo e pisábaa... Seguía plantando e sempre lle pasaba algo ata que unha das landras medrou, medrou... e converteuse nun enorme carballo que deu moooitas landras.

8 de junio de 2011

7 de junio de 2011

6 de junio de 2011

Joel conta...

Catro de xuño = festa fin de curso




O catro de xuño celebramos a festa de fin de curso. Pasámolo moi ben xogando a tirar da corda, ás sillas, ao pano, a pasar por debaixo dunha corda, ...
Para repoñer forzas tomamos sandía e melón que estaban deliciosos.
Pola tarde houbo exhibición das actividades que realizaron os nenos/as ao longo do curso.
Foi unha xornada divertida.
Lena e Xaime

1 de junio de 2011