Demos comezo ás clases na aula de informática. O primeiro día traballamos co PROCESADOR DE TEXTOS, que se chama OpenOffice. O procesador de textos é a aplicación ou programa que nos serve para escribir textos no ordenador.
Antes de nada encendemos o ordenador e unha vez que podemos ver o escritorio imos ao MENÚ PRINCIPAL, pinchamos co rato na etiqueta APLICATIVOS e alí buscamos as etiquetas OFIMÁTICA e PROCESADOR DE TEXTOS OPENOFFICE. Pinchando co rato nesta última ábrese o procesador de textos.
Una vez aberta a aplicación OPENOFFICE podemos comezar a escribir. Hoxe escribimos o noso nome e as diferentes partes que ten un ordenador, que son, por exemplo:
TORRE
MONITOR
DISCO DURO
MEMORIA
VENTILADOR
TECLADO
RATO...
Unha vez que rematamos co documento temos que gardalo. Para iso imos ao MENÚ PRINCIPAL de Openoffice, e na etiqueta FICHEIRO eliximos a opción GARDAR COMO.
Desprégase unha nova ventá: en primeiro lugar temos que escribir un nome para o noso ficheiro, por exemplo "Pezas do ordenador" e logo escollemos un cartafol onde gardalo (se non existise temos que crealo), lembrando que debe gardarse dentro do cartafol DOCUMENTOS. Finalmente pulsamos no botón GARDAR.
Dese xeito xa temos gardado o noso documento. A próxima vez que queiramos abrilo para seguir escribindo nel teremos que ir ao MENÚ DO ESCRITORIO e escoller LUGARES e a seguir DOCUMENTOS. Dentro do cartafol DOCUMENTOS buscamos o noso cartafol e alí dentro atoparemos o ficheiro que xa poderemos volver a abrir pinchando co rato.