Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do Medio: artrópodos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do Medio: artrópodos. Mostrar todas las entradas

22 de noviembre de 2011

Menuda eiruga!



Hoxe, no patio, as nenas e os nenos atoparon esta eiruga que vedes na foto. Cando lla ensinamos aos de 4º dixeron que lles parecía un vagalume. Será un vagalume? Se alguén a recoñece pode escribilo nos comentarios, nós estaremos agradecidos/as.

Buscando información do vagalume (luciérnaga), vimos unha imaxe que non se parece a eiruga da foto. Podedes vela pinchando aquí.

26 de abril de 2009

Á clase de 1º gústannos moito os artrópodos!


Imos explicarvos por que nos gustan tanto os artrópodos á clase de 1º.

Todo empezou cando a Universidade de Vigo nos mandou unha carta por si queriamos construír un artrópodo.
E SI QUERIAMOS!!

Tiñamos un problema gordo: non sabiamos o que era un artrópodo e buscamos en google imaxes.
Eliximos por parellas o noso artrópodo favorito.




Antón e Ían están buscando imaxes do seu artrópodo favorito.






Esta libeliña, tamén chamada cabaliño do demo, gústanos moito.



A profe Ana díxonos que contestásemos por parellas unhas preguntas sobre o noso artrópodo favorito, algunhas eran fáciles e outras difíciles.



(Preme na imaxe se queres vela a tamaño grande)


Revisámolas entre todos/as e cambiamos as cousas coas que non estabamos de acordo. Nalgunhas preguntas poñíamos interrogacións porque non sabiamos a resposta.
Temos que buscalas en libros, folletos, internet...

Tiñamos outro problema moi gordo, atopamos un artrópodo moi raro e non sabiamos como se chamaba.



????

O profe Xose é apicultor, como el sabe moito das abellas, escribimos unhas cantas preguntas para que nos conteste:
  • ¿Como se fabricaron as abellas?
  • ¿Como nacen?
  • ¿Fan caca ou non?
  • ¿Como sobreviven?
  • ¿Como morren?
  • ¿Como fan o mel?
  • ¿Como fan as colmeas?
  • ¿Como se defenden?
  • ¿Como fan para picar? ¿Por que pican?
  • ¿Pelexan entre elas?
  • ¿As bolboretas e as abellas son inimigas?
  • ¿Son boas ou malas?
  • ¿Son bonitas ou feas?
  • ¿Como levan o pole? ¿Onde o levan?

(Continuará)

Axiña vos daremos información sobre o estrano artrópodo :-)


Redactores/as da entrada:

Nenos e nenas de 1º de Primaria


15 de diciembre de 2008

UN ARTRÓPODO MOI ORIXINAL

Empusa Pennata
View SlideShare presentation or Upload your own.
Autora das fotos e da presentación Laura Lago

13 de diciembre de 2008

BUSCAMOS INFORMACIÓN


ESTAMOS BUSCANDO IMAXES DE ARTRÓPODOS. ESTE TRABALLO FACÉMOLO POR PARELLAS COA PROFE ANA NA AULA DE INFORMÁTICA . ELIXIMOS O NOSO ARTRÓPODO FAVORITO E COPIÁMOLO NUN DOCUMENTO. CANDO TEÑAMOS TODOS TEMOS QUE OBSERVALOS E DESCUBRIR AS CARACTERÍSTICAS DOS ARTRÓPODOS.