25 de marzo de 2010

Arturo e Clementina


Para rematar as clases do 2º trimestre tivemos un agasallo especial. Carolina, a mamá de Candela, veu á clase e leunos varios contos.

O primeiro que leu foi o de "Arturo y Clementina", dúas tartarugas que se enamoran un fermoso día de primavera. Clementina soña cunha vida chea de aventuras. Quere aprender a tocar a flauta, a pintar, viaxar a Venecia... Arturo mércalle regalos e ofrécelle unha vida tranquila e sen sorpresas. Ela carga cos regalos e abúrrese. Ata que un día decide vivir ó seu gusto. Un día Arturo atopa a casa baleira e non entende nada.

Grazas Carolina, gustáronnos moito os contos.

24 de marzo de 2010

A maxia do vento


Se o vento
anda na rúa
é como unha pintura.

Se o vento
conta estreliñas
a Lúa queda soíña.

Se o vento
sobe ós outeiros
abanea os piñeiros

Se o vento
fai aloumiños
alegra os meniños.

Se o vento
é un lacazán
as flores non medrarán.

Se o vento
sopra do norte
douche un bico forte.

Se o vento
anda no espazo
é coma un abrazo

Se o vento
move as flores
soña coas cores.

Remataron a proposta de Antonio García Teijeiro os nenos/as de 2º


18 de marzo de 2010

O mellor papá do mundo!!


Encántame xogar contigo.
Eres moi bo.
Axúdasme sempre.
Confías en min.
Abrázasme.
Fasme rir.
Lévasme ao parque.
Dasme bicos.
Quérote con todo o corazón!!

Nenos/as de 2º

O mellor regalo para os nosos papás, o seu retrato e palabras bonitas



Paséasme, peitéasme.

Axúdasme, aliméntasme.

Protéxesme, perdóasme.

Acompáñasme, abrázasme.


11 de marzo de 2010

Saída a Pontevedra



“El gato manchado y la golondrina Sinhá”

O once de marzo de 2010 fomos a Pontevedra os das clases de 1º e 2º ver unha obra de teatro. Cando chegamos a Pontevedra merendamos e ao acabar xogamos nun parque circuíto.
A parte máis importante foi o teatro que trataba dun gato chamado Gato Manchado, non tiña amigos porque se portaba mal con eles. O primeiro día da primavera coñeceu a unha andoriña chamada Sinhá. A partir dese día fixéronse moi amigos e namoráronse pero a andoriña tivo que casar co reiseñor porque a nai lle dicía que non se podía casar con Manchado porque a podía matar.

Despois de ver o teatro fomos para o cole.

1 de marzo de 2010

A balea branca

O venres (28-2) Candela trouxo á clase os osos da balea que apareceu morta na praia de Lagos no mes de decembro. Esta é a foto dos ósos e a noticia que escribiu.


Onte (19-12-09) descubriron unha balea morta. Encontrárona na praia de Lagos. Nós fomos vela. Andamos polas rochas, era moi difícil. Os avós non podían ir polas rochas e foron polo camiño. Despois de andar moito polas rochas atopamos a balea branca. Era enorme e tiña un óso a medio saír. Á balea branca faltáballe a mandíbula de abaixo. Papá encontrou a mandíbula rota e un óso. Levámolo para ensinar no cole.