21 de mayo de 2010

Exposición de obxectos antigos



O xoves día 20 de maio fomos á biblioteca do cole ver unha exposición de obxectos antigos.

Vimos roupa e obxectos que usaban os nosos avós/as, bisavós/as...

Había ferros (pranchas), muíños de café, un tocadiscos, unha cámara de fotos, patíns, fotos antigas...

Eu penso que as profes organizaron todo isto porque pensaron que sería moi importante que souberamos como era a vida dos nosos avós.

19 de mayo de 2010

Poema "A Lúa e a nena dourada"



Para ler o poema completo preme na imaxe.

17 de mayo de 2010

Letras galegas 2010

Este ano o día das Letras Galegas adícase ao escritor UXÍO NOVONEYRA.

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981). No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.

Publica Poemas caligráficos en 1979. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.

Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe.

Publicado no blog do CEIP do Hío.

6 de mayo de 2010

Un premio!!


Grazas polo premio á profe e aos nenos e nenas de educación infantil do Ceip Ricardo Tobío de Esteiro - Muros.
Para visitar o seu blog preme no nome do cole.

4 de mayo de 2010

As tradicións dos bos desexos



Hoxe fomos á biblioteca aprender tradicións doutros paises. Cando entramos nos deron tarxetas que tiñan unha imaxe e o nome da tradición. Vimos nunha pantalla fotos das festas dos diferentes países. As persoas deses países explicáronnos como se celebran as festas. Despois pedíronnos que cada un escribira un desexo na tarxerta. Tamén cantamos unha canción árabe que falaba do RAMADÁN. Por último saímos ao patio, fixemos as ofrendas e bailamos nunha roda o baile de PACHAMAMA.

2 de mayo de 2010

A mellor mamá do mundo!!


Moito me gusta estar contigo.
A
i! que guapa es
.
M
il bicos che dou
.
Á
estrela máis bonita do ceo
.

¡Sen ti non podería vivir!
¡Es a mellor mamá do mundo!