24 de junio de 2009

Vacacións!!!









Aínda nos dura a sorpresa que levamos cando atopamos o "tesouro" que agochaba os regalos do último día. Que ben o pasamos participando nos diferentes xogos de equipo que nos propuxeron os profesores e as profesoras.
O tempo pasa pronto e case sen darnos conta rematou o curso. Xa estamos de vacacións!!
Agora toca repoñer forzas para empezar no mes de setembro con moita enerxía.

Non esquezades de ver o blog de vez en cando, podedes encontrar algunha sorpresa.

12 de junio de 2009

Adiviña, adiviña...


Colexio de Cangas é

Estudian nenos e nenas

Interesantes cousas nos ensinan
Profesores moi bos son

Andrea unha alumna é do colexio

Rímonos moito nas festas do cole
Unha marabilla temos de profe
A min gústame moito

Entrada de Andrea

10 de junio de 2009

Entre todas e todos facemos obras de arte



Título: Mapa de debuxos

Empezamos facendo un cadro abstracto pintando de un en un. Cando terminamos perfilamos coa pintura negra as cousas que nos parecían debuxos: unha pistola, un golfiño, un demo... buf!!! moitas cousas. Propuxemos varios títulos e votamos para elixir un. Medimos o ancho e o longo. Paco púxolle un marco. Cada un escribiu a súa firma no marco (nesta foto non se ve o marco). O cadro quedou moi bonito.

Nenos/as de primeiro

7 de junio de 2009

Novas de última hora


Imaxe recollida de "Blog de Mitología"

En Cangas descubriron unha fada. Quérena cazar. Sábese que é moi lista e camúflase.
Eu toqueina e fixémonos amigas.
Chámase Estrela

Entrada de Candela

3 de junio de 2009

Acrósticos


Gústalle nadar.
Usa acuario para vivir.
Algunhas veces queda soa.
Peta na súa casa.
Aliméntase de marisco
.

Álvaro

Gústalle nadar.
Usa as pedras para estar ao sol.
Anda despacio.
Ponse ao sol.
Asústase facilmente.


Santi

Gústame nadar.
Uns nenos lévanme nas vacacións.
As veces lavan o meu acuario.
Para comer danme marisco.
As veces atendo aos nenos/as.

Antón

Gústalle nadar.
Unha vez lle din de comer.
A este animal gústanlle as pulgas.
Parece que lle están caendo as escamas.
A miña prima Lara ten dúas.

Nico

1 de junio de 2009

Noticia





Trata sobre que os científicos van calcular o radio da Terra medindo a distancia entre Faro de Fisterra (Galicia) e o de Orchilla (na illa de El Hierro).

Entrada de Mario