30 de enero de 2009

A PAZ


PARA NÓS, A PAZ É:

COMPARTIR A NATUREZA, A FANTASÍA, O AMOR...

AXUDAR AS PERSOAS QUE O NECESITEN

COIDAR E QUERER AOS DEMAIS, AO PLANETA...

COLABORAR EN EQUIPO

CONVIVIR CON TODOS

DIALOGAR PARA CHEGAR A ACORDOS

ENSINAR, XOGAR, REGALAR...


Hanane, Néstor, Cristina O., Nico, Laura, Rubén, Yanira, Álvaro, Anira, Sergio, Soukaina, Mario, Candela, Celeste, Antón, Andrea, Santi, Cristina G., Ían, Inés, Pedro

Candela conta...



Hoxe (27-1-09) vou ir a cociña e sempre é un misterio o que cociñamos.

29 de enero de 2009

Escribimos un pé de foto


Se queres ler todos os pés de foto pincha na imaxe.


28 de enero de 2009

NOTICIA DE YANIRA E DA SÚA NAI ANA


OBSERVAMOS DOUS CADROS DE LAXEIRO.



SABELA EXPLÍCANOS DETALLES DUN CADRO DE BOTERO.


HOXE ( 27 DE XANEIRO) FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO VER DÚAS EXPOSICIÓNS. A PRIMEIRA ERA DUN ARTISTA CHAMADO LAXEIRO. HABÍA MOITOS RETRATOS, CADROS CON XENTE DEBUXADA, PAISAXES...

DESPOIS DE VER OS CADROS FOMOS A UNHA SALA E DEBUXAMOS RETRATOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

LOGO FOMOS VER A EXPOSICIÓN DE FERNANDO BOTERO. HABÍA MOITOS CADROS DEDICADOS AO CIRCO. HABÍA PALLASOS, TRAPECISTAS, ANIMAIS... TODOS MOI GORDOS E CON MOITAS CORES.

MÁIS TARDE FOMOS A UNHA SALA PARA PINTAR UN DEBUXO DO CIRCO.

FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA.


22/01/09

Aquí tendes os sacapenas e a carta para os nenos e nenas de Gaza

Sacapenas para que os/as pícaros/as de Gaza volvan sorrir :-)


Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.



Ola, nenos e nenas palestinos:

Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).


Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.

Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.


Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.

Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi


A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.



Visualizar o mapa ampliado

27 de enero de 2009

Unha ADIVIÑA de Cristina G.



SALTA.
VIVE NA SELVA.
COME PLÁTANOS
E GÚSTALLE XOGAR

¿QUE É?

23 de enero de 2009

Ían nos ofrece este poema



LAS MANOPLAS


TENGO UNAS MANOPLAS QUE SON JUGUETONAS,

CUANDO ME LAS PONGO HACEN CARANTOÑAS.

CON ELLAS MIS MANOS ESTÁN CALENTITAS

Y SOBRE MI CARA HACEN COSQUILLITAS.

QUIERO A MIS MANOPLAS SUAVECITAS Y BLANCAS

QUE DAN CALORCITO COMO MI BUFANDA.

21 de enero de 2009

Néstor infórmanos sobre as formigas


AS FORMIGAS PERTENCEN AO GRUPO DE INSECTOS QUE VIVEN EN SOCIEDADE COMO AS ABELLAS E AS AVESPAS. HABITAN EN COLONIAS CHAMADAS COMUNMENTE FORMIGUEIROS.

O MESMO QUE OUTROS INSECTOS SOCIAIS PRESENTAN DIFERENTES TIPOS DE INDIVIDUOS QUE GARANTEN A CRÍA DOS OVOS E LARVAS E DESEMPEÑAN DIFERENTES FUNCIÓNS.

20 de enero de 2009

Sarabia en Cangas



HOXE POLA MAÑÁ SARABIOU MOITO EN CANGAS. O PARQUE DO COLE ESTABA TODO BRANCO. FACÍA MOITO FRÍO. ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS COLLERON XEO. TIVEMOS QUE ANDAR A MODO PARA NON ESVARAR.


19 de enero de 2009

Facemos retratos de "Don Quijote"

Esquema de Mario




















Neste esquema, Mario sinala as partes dun peixe e dunha flor.

14 de enero de 2009

Antón ofrécenos unha lista de quenllas (tiburones)












-QUENLLA TOURO
-QUENLLA TIGRE
-QUENLLA BRANCA
-QUENLLA AZUL
-QUENLLA MARTELO
-QUENLLA SERRA

12 de enero de 2009

VIAXE DE ANIRA AO CAUREL (novembro-08)


O VENRES DURMIMOS EN MONFORTE AO LADO DUN RÍO QUE TIÑA PATOS E CISNES. O SÁBADO VISITAMOS UNHA MINA DE OURO. O DOMINGO FIXEMOS UNHA RUTA POR UN POBO ABANDONADO. PASEINO MOI BEN.

11 de enero de 2009

SERGIO CÓNTANOS...


GRANDE COMO UN ELEFANTE OU AÍNDA MÁIS, O TIRANOSAURUS REX É UN DOS MAIORES CAZADORES TERRESTRES QUE EXISTIRON.