Mostrando entradas con la etiqueta Lingua escrita: noticia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua escrita: noticia. Mostrar todas las entradas

1 de marzo de 2010

A balea branca

O venres (28-2) Candela trouxo á clase os osos da balea que apareceu morta na praia de Lagos no mes de decembro. Esta é a foto dos ósos e a noticia que escribiu.


Onte (19-12-09) descubriron unha balea morta. Encontrárona na praia de Lagos. Nós fomos vela. Andamos polas rochas, era moi difícil. Os avós non podían ir polas rochas e foron polo camiño. Despois de andar moito polas rochas atopamos a balea branca. Era enorme e tiña un óso a medio saír. Á balea branca faltáballe a mandíbula de abaixo. Papá encontrou a mandíbula rota e un óso. Levámolo para ensinar no cole.

22 de mayo de 2009

Maxia no Auditorio


Hoxe (15-5-09) fomos ver unha obra de teatro de maxia. O mago chamábase Teto. A obra representouse no Auditorio. Fixo moitos trucos de maxia. O que máis me gustou foi cando a culebra encontrou a carta que elexiu Pepe, o 2º foi a dos panos, o 3º foi cando a corda se uniu soa e o 4º foi cando co cigarro apareceu o número 743. Foi moi divertida.
Andrea

Hoxe (15-5-09) fomos ver ao Mago Teto. Primeiro merendamos, despois embarcamos no autobús e chegamos ao Auditorio que era o sitio onde se representaba. Ao primeiro o Mago Teto acendeu unha vara de lume e despois apagouna. Un dos trucos era que fumou e fixo uns números e outra onde o mago tiña unha serpe de xoguete.
Antón

15 de abril de 2009

O conto de Susi


Hoxe, a mamá de Andrea nos veu contar un conto. Titulábase "Te quiero Ratoncita". Trataba dunha ratiña moi preguntona. Preguntáballe á súa avoa que é o amor. A avoa díxolle que era moi fácil de dicir. Foron dar un paseo pero o avó díxolles ¡ssssssssssss! porque había uns paxaros que estaban coa súa nai e podían asustalos. Entón, andando despaciño polo camiño viron moitos animais que cuidaban ás súas crías. Fíxose de noite, volveron á casa e o avó esperaba ás dúas na porta. Deitáronse e díxolle a ratiña a súa avoa, ¿se xuntamos todas as cousas que vimos hoxe, iso é o amor? Si, iso é o amor, contestoulle a avoa.

Entrada de Rubén e Santi

28 de enero de 2009

NOTICIA DE YANIRA E DA SÚA NAI ANA


OBSERVAMOS DOUS CADROS DE LAXEIRO.



SABELA EXPLÍCANOS DETALLES DUN CADRO DE BOTERO.


HOXE ( 27 DE XANEIRO) FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO VER DÚAS EXPOSICIÓNS. A PRIMEIRA ERA DUN ARTISTA CHAMADO LAXEIRO. HABÍA MOITOS RETRATOS, CADROS CON XENTE DEBUXADA, PAISAXES...

DESPOIS DE VER OS CADROS FOMOS A UNHA SALA E DEBUXAMOS RETRATOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

LOGO FOMOS VER A EXPOSICIÓN DE FERNANDO BOTERO. HABÍA MOITOS CADROS DEDICADOS AO CIRCO. HABÍA PALLASOS, TRAPECISTAS, ANIMAIS... TODOS MOI GORDOS E CON MOITAS CORES.

MÁIS TARDE FOMOS A UNHA SALA PARA PINTAR UN DEBUXO DO CIRCO.

FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA.


20 de enero de 2009

Sarabia en Cangas



HOXE POLA MAÑÁ SARABIOU MOITO EN CANGAS. O PARQUE DO COLE ESTABA TODO BRANCO. FACÍA MOITO FRÍO. ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS COLLERON XEO. TIVEMOS QUE ANDAR A MODO PARA NON ESVARAR.