26 de mayo de 2014

Poema de Antonio García Teijeiro



Había un ventiño

que non tiña ollos.

Había outro vento

con cara de tolo.



Había un ventiño

vestido de azul.

Había outro vento

que viña do sur.



Había un ventiño

con gafas de prata.

Había outro vento

con gafas de nácara.



Os ventos que había

están a durmir.

Calade, meniños,

a noite é feliz.

A continuación podedes ler algunhas recreacións que fixeron as nenas e os nenos de 2º inspirándose neste poema.


Había un peixiño

que non tiña aletas.

Había outro peixe

con cara de seta.



Había un peixiño

vestido de plumas.

Había outro peixe

que viña da espuma.



Os peixes que había

están a xogar.

Cantade baleas

o día é para celebrar.

---------------------------


Había unha estreliña 

que non tiña luz.

Había outra estrela

con cara de avestruz.



Había unha estrela

vestida de prata.

Había outra estrela

que era de lata.



As estrelas que había

están a cear.

Deitade na lúa

para soñar.

----------------------------

Había un burriño 
que non tiña orellas. 
Había outro burro 
con cara de vella.

Había un burriño 
vestido de cornos. 
Había outro burro 
que viña do forno. 

Os burros que había 
están a estudar. 
Bailade vaquiñas 
que o día é para traballar. 

-------------------------------

Había un canciño 
que non tiña orellas. 
Había outro canciño 
con cara de fuciño. 

Había un canciño 
vestido de diamantes. 
Había outro canciño 
que era un paseante. 

Os canciño que había 
están a pintar. 
Cantade canciños 
o día é para disfrutar.
 
 




No hay comentarios: