21 de marzo de 2013

POESÍA DA GAIVOTA

No primeiro ciclo estamos traballando as aves e os nenos de 2º fixeron unha poesía da gaivota.

20 de marzo de 2013


Hoxe Xandre agasallounos co recitado deste poema de Gloria Sánchez. Gustounos moito.

Deixámosvos este divertido poema por se o queredes aprender.

O DRAGÓN DORME NUN POZO.
LEVÁNTASE POLA ALBADA,
ALMORZA CON ENSALADA,
LOGO CORRE POLO MONTE
CON ZAPATÓNS DE DEPORTE.

¡¡ATCHUIIISSS!!
-É UN ESPIRRO BESTIAL-
SAE LUME E MOITO FUME
POLO NARIZ ANIMAL.

SAEN VOANDO OS PAXAROS,
OS RAPOSOS, CHAMUSCADOS.
AS TOUPAS NON MIRAN BEN...
¡CHOSQUIÑA! ¡CORRE, MULLER!

E O XIGANTE DRAGANTÓN
BÁGOS VERDES, XEME-XEME:
-¡OU!
¡CANTA QUEIMA, CANTO MAL
POR UN CATARRO NASAL!

                                 (Gloria Sánchez)


Brais L. escribe unos refranes


19 de marzo de 2013

O Papón

Amira e Laura léronnos este conto de medo. Fala dunha avoa que lles prepara unha sorpresa na bodega ás súas netas, pan con mel. A avoa esquecera que iso é o xantar preferido do Papón. As nenas baixan unha a unha polas escaleiras escuras, tenebrosas...

18 de marzo de 2013

13 de marzo de 2013

12 de marzo de 2013

O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira

Xulia e Candela léronnos este divertido conto que fala da mamá de Marquiños que está moi anoxada e bota fume pola boca coma se fose un dragón.

11 de marzo de 2013

9 de marzo de 2013

6 de marzo de 2013

Xan Pericán


¡Canto nos gustou este recitado na voz de Anxo! Fíxoo moi ben.

Adiviña de Adonai