20 de marzo de 2013


Hoxe Xandre agasallounos co recitado deste poema de Gloria Sánchez. Gustounos moito.

Deixámosvos este divertido poema por se o queredes aprender.

O DRAGÓN DORME NUN POZO.
LEVÁNTASE POLA ALBADA,
ALMORZA CON ENSALADA,
LOGO CORRE POLO MONTE
CON ZAPATÓNS DE DEPORTE.

¡¡ATCHUIIISSS!!
-É UN ESPIRRO BESTIAL-
SAE LUME E MOITO FUME
POLO NARIZ ANIMAL.

SAEN VOANDO OS PAXAROS,
OS RAPOSOS, CHAMUSCADOS.
AS TOUPAS NON MIRAN BEN...
¡CHOSQUIÑA! ¡CORRE, MULLER!

E O XIGANTE DRAGANTÓN
BÁGOS VERDES, XEME-XEME:
-¡OU!
¡CANTA QUEIMA, CANTO MAL
POR UN CATARRO NASAL!

                                 (Gloria Sánchez)


No hay comentarios: