21 de junio de 2013

El Mago de Hoz


Ayer vino Xulio, el papá de Xulia, a leernos "El Mago de Oz". Estuvimos muy atentos/as escuchando la aventura de Dorita, Toto y sus amigos, el espantapájaros, el hombre de hojalata, el león que quería ser valiente...
Xulio, los cuentos nos encantan! Gracias.

20 de junio de 2013

Campamentos saharauis de Tindouf

Onte Susana e Paula, a mamá e a tía de Anxo, viñeron falarnos dos nenos e das nenas que viven nos campamentos saharauis. O primeiro que nos explicaron foi onde está situado o campamento e a razón pola que están vivindo alí moitas familias. Ensináronnos vídeos e fotos onde puidemos ver como é o lugar onde viven, como son as súas casas que se chaman jaimas, os animales que coidan, os depósitos onde teñen a auga, a escola...
Alí as condicións de vida moi duras, dependen totalmente da axuda internacinal para subsistir pero a pesar de todo isto comprobamos que os nenos e as nenas son alegres e con moi pouco son felices. ¡Canto temos que aprender deles!

Tamén puidemos ver fotos de Fatma, unha nena saharaui que pasou varios veráns aquí coa familia de Anxo. Durante a súa estancia acollérona como un membro máis da familia e participou en moitas actividades como ir ao cine, a praia, celebrar os aniversarios, bañarse na piscina, ir ás festas de verán... algo que non pode facer no seu campamento.
Grazas Susana e Paula por compartir con nós esta experiencia, seguro que todos/as aprendemos a ser máis solidarios/as e a valorar o que temos.

Alfombras que teñen nas jaimas, as pequenas utilízanas para rezar.

17 de junio de 2013

O cadro de D.Quijote e Sancho Panza

Os nenos/as de 1º e de 2º coas profes xuntámonos na Biblioteca á hora de ler porque veu Marta, a mamá de Antón, para explicarnos os diferentes materiais e as distintas técnicas que utilizou no cadro que pintou de D. Quijote e Sancho Panza. Os cativos estiveron moi atentos e fixéronlle preguntas sobre a súa obra.
Foi unha sesión moi interesante. Ao final... ¡REGALOUNOS O CADRO PARA O COLE!

Grazas Marta por dedicarnos parte do teu tempo libre e por regalarnos esta obra de arte.
Marta explícanos como fixo o cadro.

Algúns dos materiais que utilizou.


                  D. Quijote e Sancho Panza.

16 de junio de 2013

Pog and the Birdies

 

O venres día 14 veu Carmen, a mamá de Mara de 2º, contarnos este conto en dous idiomas, castelán e inglés.
Ao gato Pog encantáballe o pio-pio dos paxariños e outro gato asustábaos, ao final fixéronse amigos e os gatos dedicaronse a cazar ratos. Encantounos, foi moi divertido.

12 de junio de 2013

Unha adiviña de Manu M.


Carapuchiña vermella

Nerea contounos o conto de Carapuchiña, aínda que todos o coñecemos ben, gustounos moito.

11 de junio de 2013

A noite das mudanzas


Hoxe Nerea J. e Yago léronnos este conto, fala dos animais da granxa que están de mudanza. O 
Granxeiro Leiro quería muxir a vaca para tomar un vaso de leite quente, cando chegou á corte levou unha sorpresa, no sitio da vaca estaba...O GALO! ...

Visita ao barco Valentín Paz Andrade


O día 7 de xuño os nenos e as nenas de 2º acompañados polas nosas profesoras visitamos o barco "Valentín Paz Andrade".
É un barco grande. Ensináronnos todo, a proa, os camarotes, os baños, a cociña e a televisión. Tamén nos ensinaron como funcionan os chalecos salvavidas e como se controlan as máquinas do barco.
Estivemos falando co alcalde de Cangas e salimos no Faro de Vigo.
Déronnos un diploma e volvemos cantando para o Colexio.


Este é un dos traballos que fixemos cos debuxos do barco e os recortes do periódico.

10 de junio de 2013

A bolboreta da seda

A mediados de maio Xandre trouxo á clase vermes de seda. Xa estaban ben grandes porque dende que as larvas saíron do ovo non pararon de comer e comer follas de moreira que é o seu alimento. Despois da fin de semana das Letras Galegas os vermes xa fixeran o casulo de seda, aí é onde se produciu a transformación de verme a bolboreta. Hoxe cando chegamos pola mañá unha das bolboretas xa saíra do seu casulo. Este proceso de transformación chámase metamorfose.

Nestas fotos podedes ver a bolboreta da seda que temos na clase.


 
Se premes na foto podes ver información e imaxes da metamorfose do verme de seda.


Xandre trouxo a caixa dos vermes que tiña na casa, na foto podemos ver as bolboretas e os ovos que puxeron.

7 de junio de 2013

5 de junio de 2013

Que ben o pasamos!!



Onte fomos de excursión, en Meira merendamos nun parque. Xogamos un pouco e despois nos fomos a Salvaterra en autobús. Vimos pavos reais, loros, un porco, unha cabuxa, ovellas, parrulos coellos, galiñas, pardais, periquitos...
Xantamos, despois xogamos nun circuíto a polis e cacos. Máis tarde fomos ao parque e alí invitáronnos a un xeado. Merendamos e fómonos ao colexio.
Anxo e Antón

4 de junio de 2013

Un segredo do bosque


Animámosvos a ler este fermoso libro poético que nos leron Nerea N. e Jessi.
"Nos bosques do norte
cheira a mar, 
as árbores ocultan tesouros, 
as brétemas esconden enigmas,
os ventos levan mensaxes
e os animais gardan segredos fascinantes"