Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do medio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do medio. Mostrar todas las entradas

10 de junio de 2013

A bolboreta da seda

A mediados de maio Xandre trouxo á clase vermes de seda. Xa estaban ben grandes porque dende que as larvas saíron do ovo non pararon de comer e comer follas de moreira que é o seu alimento. Despois da fin de semana das Letras Galegas os vermes xa fixeran o casulo de seda, aí é onde se produciu a transformación de verme a bolboreta. Hoxe cando chegamos pola mañá unha das bolboretas xa saíra do seu casulo. Este proceso de transformación chámase metamorfose.

Nestas fotos podedes ver a bolboreta da seda que temos na clase.


 
Se premes na foto podes ver información e imaxes da metamorfose do verme de seda.


Xandre trouxo a caixa dos vermes que tiña na casa, na foto podemos ver as bolboretas e os ovos que puxeron.

2 de mayo de 2013

A CATALPA DO PATIO

Nesta presentación podedes ver como a catalpa do patio empezou a botar as folliñas unha vez entrada a primavera. Nos primeiros días de abril víanse as primeiras follas e agora xa están ben grandiñas.

30 de noviembre de 2012

26 de octubre de 2011

O noso acuario


Así fixemos o acuario


Este traballo gustoume moito porque recortamos, pegamos e pintamos a caixa con témperas de cor negra. Tamén fomos a praia para coller cunchas e area para poñer na peceira.
Xaime

Cuando la profe dijo que íbamos a hacer una pecera yo me puse contenta. La actividad cada vez fue mejor, al final todos nos quedamos sorprendidos. La actividad fue fantástica.
Lena

Neste traballo aprendín moito e me gustou porque recortamos, pegamos e pintamos con cores negras e brancas. Cando fomos de excursión a praia collemos area e cunchas.
Sheyla

1 de marzo de 2011

A CABRA CABREXAAAA...!!!


Non, é o limón de Lena.

27 de octubre de 2010

OS DEDOS DAS FORMIGAS XA TEÑEN NOME!!!




LUCAS coa súa man xa pode cantar... PEQUENIÑO,PEQUENIÑO onde estás? aquí estou!...


24 de octubre de 2009

Se a abella desaparecese, ó home só lle quedarían 4 anos de vida (Albert Einstein)


Os investigadores/as de 2º de Primaria iniciaron este curso un Proxecto de traballo sobre As plantas e continúan afondando no mundo da Apicultura.

Interpretan de seguido a afirmación mencionada e atribuída ó científico Albert Einstein:


As abellas son moi importantes porque axudan ás plantas e ás árbores.

Cando as abellas van chuchar o néctar a unha flor, mánchanse de pole na parte macho da flor (antera)



Despois van a outra flor e déixanlle o pole que colleron noutra, na parte femia da planta (estigma).

Isto chámase POLINIZACIÓN.

A flor polinizada convértese nunha froita.







Se morresen todas as abellas, tamén morrerían as plantas e as árbores.

As abellas non poderían polinizar, quedarían as árbores sen froita e non nacerían máis.

Non habería máis froita e quedariamos sen osíxeno :-(





INVESTIGADORES/AS DA CLASE DE 2º DE PRIMARIA