OS PÉS DE FOTO DO BARCO ESCRIBÍMOLO POR PARELLAS. TODOS ERAN AXEITADOS E AO MESMO TEMPO DIFERENTES. TAMÉN ESCRIBIMOS OS DAS NOSAS FOTOS. O QUE APARECE NA IMAXE ONDE ESTAMOS TODOS, ESCRIBIUNO ANIRA.
ESTAMOS BUSCANDO IMAXES DE ARTRÓPODOS. ESTE TRABALLO FACÉMOLO POR PARELLAS COA PROFE ANA NA AULA DE INFORMÁTICA . ELIXIMOS O NOSO ARTRÓPODO FAVORITO E COPIÁMOLO NUN DOCUMENTO. CANDO TEÑAMOS TODOS TEMOS QUE OBSERVALOS E DESCUBRIR AS CARACTERÍSTICAS DOS ARTRÓPODOS.
CONTAMOS OS MARCAPÁXINAS DA COLECCIÓN. EMPEZAMOS O TRABALLO CONTANDO POR PARELLAS UN MONTONCIÑO DE MARCAPÁXINAS. GARDÁMOLOS NUNHA FUNDA DE PLÁSTICO XUNTO CO PAPEL ONDE ANOTAMOS A CANTIDADE. AGORA ESTAMOS XUNTANDO OS QUE HAI NAS FUNDAS (DE DÚAS EN DÚAS). AÍNDA NON REMATAMOS O TRABALLO. ¡HAI MOITOS!
ESTE DÍA COMENTAMOS UNHA NOTICIA QUE NOS PARECEU MOI IMPORTANTE PARA COIDAR O NOSO PLANETA. DICÍA QUE ESTAMOS ABUSANDO DO CONSUMO DAS BOLSAS DE PLÁSTICO. RECOMENDABA REUTILIZALAS. A NATUREZA TARDA ARREDOR DE 150 ANOS EN TRANSFORMAR UNHA BOLSA DE PLÁSTICO.
TODOS OS DÍAS, DESPOIS DE OBSERVAR O TEMPO TAMÉN ANOTAMOS A TEMPERATURA QUE HAI NO EXTERIOR DA NOSA CLASE. IMOS FACENDO A GRÁFICA E CALCULAMOS CANTOS GRADOS SUBIU OU BAIXOU COMPARANDO CO DÍA ANTERIOR.
CADA DÍA, Á PRIMEIRA HORA POÑEMOS A DATA. TAMÉN OBSERVAMOS E ANOTAMOS O TEMPO NO CALENDARIO. CANDO REMATA O MES, COS DATOS QUE TEMOS ANOTADOS FACEMOS A GRÁFICA. SÓ CON BOTAR UNHA OLLADA XA SABEMOS SE HOUBO MÁIS DÍAS DE SOL, DE CHUVIA, ...
OS NENOS E AS NENAS QUE PASAN POLO PRIMEIRO CICLO VAN DEIXANDO A SÚA PEGADA NESTE BLOG. DÍA A DÍA PODEMOS DISFRUTAR DAS SÚAS CREACIÓNS.
CLASE DE 1º
"UP" a nosa peli favorita
CLASE DE 2º
"SPIRIT" a nosa peli favorita
ESCRIBIMOS
Neste blog publicamos os textos orixinais dos nenos e das nenas tal e como eles os escriben. Estes textos son obxecto de reflexión e análise na aula para mellorar o contido e a forma.
EL RAP DE LOS ARÁCNIDOS
Pequenos proxectos
"El Pensador". Pincha na imaxe para ver a información de Rodin