Hoxe fomos a Vigozoo. Fomos primeiro ao parque de Moaña. Alí merendamos e xogamos. Despois fomos a Vigozoo. Alí había moitos animais: emús, ñandús, pavos reais, corvos, buitres, águia real, patos, cisnes, castor, gamos, cervos, gamo albino... O que máis me gustou foi o estanque das tartarugas porque estaban nadando e algunhas botaban a cabeza fóra.SergioO que máis me gustou foron os osos porque se movían moito e estaban xogando.
CandelaO estanque das tartarugas gustoume moito porque estaban nadando e algunhas botaban a cabeza fóra.
SergioGustáronme moito os osos porque xogaban na auga.
LuanaGustáronme os orix porque os mamíferos con cornos encántanme.
AntónGustáronme as tartarugas porque nadaban no estanque e porque había pequenas e grandes.
LisaO animal que máis me gustou foi o muflón porque me gusta a forma dos seus cornos.
NéstorEncántoume o castor porque descansaba coa cola como se fose un colchón.PedroO que máis me gustou foi a pantera negra porque tiñas os ollos moi brillantes.
ÁlvaroGustáronme as tartarugas caimán porque teñen unha cola con pinchos, son moi grandes e parecen un caimán de verdade.NicoO que máis me gustou foi un gamo porque parecía Bambi.HananeGustáronme moito os muflóns porque eran moi simpáticos, saudaban coas orellas.Ían