Mostrando entradas con la etiqueta Horta escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Horta escolar. Mostrar todas las entradas

11 de noviembre de 2011

Chayote


As nenas e os nenos de 1º tiñan un "chayote", que trouxo Lara, na súa clase; como xa lle medrara un brote dicidiron plantalo nun testo grande.
Os "chayotes" son froitos da chayotera, unha planta da familia das cucurbitáceas, a esta familia tamén pertencen os melóns, os pepinos... As chayoteras son enredaderas perennes que proceden de América tropical. Hai 11 especies de chayoteras. Os chayotes utilízanse como hortalizas para a alimentación humana. Cómense xeralmente fervidos aínda que tamén son moi saborosos fritidos ou en tortilla. A planta utilízase tamén como comida para o gando.

17 de octubre de 2011

Transplantamos o aguacate



O día 17 de outubro fomos ao balcón para transplantar o aguacate. Isto é o que fixemos:
1º. Removemos a terra do testo grande onde íamos plantar o aguacate.
2º. Fixemos o burato no testo onde o íamos plantar.
3º. Démoslle coa pa arredor da maceta pequena onde estaba o aguacate.
4º. Quitámolo e puxémolo no testo máis grande.
5º. Botámoslle terra para tapar as raíces.
6º. Regámolo
.

Lena

22 de septiembre de 2011

Os xirasois



O aguacate despois do verán


O aguacate nas vacacións medrou moito. Antes medía trinta cm e agora medrou ata setenta e un. Fixemos un problema para ver canto medrou. Comprobamos que medrou corenta e un cm.
Mar

29 de julio de 2011

A flor dos xirasois


Os xirasois que sementamos na primavera xa teñen flor.

22 de junio de 2011

¡Canto medrou o aguacate!


A primeiros de marzo puxemos un oso de aguacate nun vaso cunha pouca auga e non deixamos que quedase seco nunca.
A mediados de abril tiña unha raíz de 3 cm.
A finais de abril tiña raíces secundarias e un talo de 2 cm.
Dende fianis de abril a mediados de maio o seu talo medraba 1 cm por día.
A mediados de maio medía 27 cm, tiña 4 follas grandes e 2 pequenas.
O día 19 de maio plantámolo nun testo.
Hoxe xa mide 41 cm e ten varias follas grandes, Xoel lévao para coidalo no verán.

Tamén plantamos pipas de xirasol na horta do cole, están moi grandes pero aínda non teñen flor, seguro que a principios de xullo florecerán.

5 de julio de 2010

Os xirasois xa teñen flor!!

Se pasas polo cole olla cara a horta; os xirasois teñen flor,
da gusto miralos.






Cando empecemos as clases en setembro, seguro que terán as pipas grandes.

¿Quen se anima a facer un acróstico nos comentarios? Publicarémolo na entrada.
Tamén vale unha adiviña, un conto, un poema...
A escribiiiiirrrr!!!

24 de junio de 2010

Os xirasois están a punto de florecer


A mediados de abril plantamos pipas na horta.


Cando só pasaran uns días xa brotaran.


Empezaron a medrar moi rápido porque fixo sol e choveu.


Agora están enormes, están máis altos ca alambrada.


Teñen os botón a punto de florecer. Se pasades polo cole observádeos.