11 de noviembre de 2011

Chayote


As nenas e os nenos de 1º tiñan un "chayote", que trouxo Lara, na súa clase; como xa lle medrara un brote dicidiron plantalo nun testo grande.
Os "chayotes" son froitos da chayotera, unha planta da familia das cucurbitáceas, a esta familia tamén pertencen os melóns, os pepinos... As chayoteras son enredaderas perennes que proceden de América tropical. Hai 11 especies de chayoteras. Os chayotes utilízanse como hortalizas para a alimentación humana. Cómense xeralmente fervidos aínda que tamén son moi saborosos fritidos ou en tortilla. A planta utilízase tamén como comida para o gando.

2 comentarios:

ian dijo...

Esta informacion e moi interesante, non sabia que existia o chayote.
Aprendín moitas cousas.
ían

rosamaria dijo...

ESTES RAPACES XA NOS VIÑERON CONTAR Á CLASE TODA ESTA INFORMACIÓN DOS CHAYOTES....GUSTOUNOS MOITO. ESPERAMOS QUE ESA PRANTA CREZA PRONTIÑO PARA PODER VER O SEU FROITO. APERTAS DENDE A CLASE DOS PITUFOS