21 de junio de 2012

Gaspar, o pastor de lebres

O día 20 os nenos e as nenas de 5º léronnos este orixinal e divertido conto da tradición oral danesa. Trata de Gaspar, un pastor atrevido que quere namorar a unha princesa un pouco rabuda e esixente. Ela, para afastar aos que só queren casar por interese, pónlles unha condición aos seus pretendentes: teñen que guiar as súas 50 lebres ao bosque e traelas todas á volta de tres días.
Conseguirá Gaspar superar esta proba?

20 de junio de 2012

Bonobo

Onte contei a información do bonobo. Ao nacer o bonobo pesa 2 kg. Cando nace, toda a manda vai recibir ao recén nacido. Se independiza aos 3 anos.
Xaime

Canguro vermello

 
Sarai leu información deste animal que vive nas rexións áridas do continente australiano. Teñen as patas traseiras longas e poderosas, uns pés tamén longos e unha cola forte que lle axuda para desprazarse a brincos, son os únicos animais grandes que se desprazan desa maneira. Os canguros, coma todos os marsupiais, teñen unha bolsa coñecida como marsupio na que as crías se desenvolven despois do parto. Son herbívoros, aliméntanse de herba e raíces; tamén son rumiantes.

19 de junio de 2012

Espantallo amigo

Hoxe Camilo, o papá de Teo, leunos este libro de X. Neira Vilas. Conta a historia do tío Ramón de Reborneda, un velliño pobre que ten ao pé da casa a figueira máis grande da aldea. Os merlos deron con ela e peteiran os figos sen parar. O tío Ramón armou un espantallo que puxo na galla máis baixa da árbore, os merlos fuxiron pero ...

Grazas por compartir con nós este conto tan entrañable.

4 de junio de 2012

Noraboa Teo!!



O SÁBADO, DÍA 2, ESTIVEN NO CAMPIONATO GALEGO EN FERROL. FIXEN 1 KM MARCHA, ESTABA ALGO NERVIOSO POLO PISTOLETAZO PERO SON CAMPION GALEGO, O IMPORTANTE É FACELO BEN. 
TEO

Anguía

ONTE CONTEI A INFORMACIÓN DA ANGUÍA. AS ANGUÍAS VAN AO MAR DOS SARGAZOS PARA REPRODUCIR OS OVOS. DESPOIS OS PAIS MORREN E OS OVOS QUEDAN ABOIANDO NO MAR E ALGÚNS OS COMEN OS DEPREDADORES.
ROQUE

3 de junio de 2012

Un premio!!

Queremos agradecer aos nenos e as nenas de 2º Nivel do CEIP Nazaret de Cangas, "Supercunchas, Estrelas e Polvos", que nos elixiran para este premio. Grazas.