29 de abril de 2009

Lista de aves


Águia, falcón, xílgaro, avestruz, galo, pavo, pomba, gaivota, pardal, merlo, paporruibo, perdiz, moucho, corvo, loro, faisán, pato, galiña, codorniz, guacamaio, reiseñor, tucán, ganso, cisne, oca, quirico, canario, periquito, cotorra, ave rapaz, anduriña, cegoña, garza, flamenco, pelícano.

Entrada de Néstor

28 de abril de 2009

Outra sorpresa!!


O blog BIBLOCAXADO acábamos de conceder o premio"Olha que blog Maneiro" (Mira que blog tan chulo). Este é o segundo, anteriormente o blog de ELS CANGURS I ELS DRACS xa nos concederan este mesmo premio.
Queremos agradecer dende o noso blog esta distinción tan especial.


Para enlazar con estes blogs, preme nos seus nomes.

Ser un blog maneiro ten certas regras:

-Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.

-Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.

-Indicar os teus blog premiados.

-Comunicar o premio aos blogs seleccionados.

-Publicar as regras.

-Comprobar que os blogs premiados seguen as normas.

Esta é a nosa selección:

-Biblioteca do cole

-Ratos de escola

-Blogaula de segundode primaria

-Infantil

-Os de primeiro

-Biblioteca C.E.I.P. Dulcinea del Toboso

-Faura 4 anys

-El rincón de los peques


-Tutoría Ed. Infantil 3 años 08/09

-La clase de las Luciérnagas



Querida familia



Entrada de Candela

26 de abril de 2009

Á clase de 1º gústannos moito os artrópodos!


Imos explicarvos por que nos gustan tanto os artrópodos á clase de 1º.

Todo empezou cando a Universidade de Vigo nos mandou unha carta por si queriamos construír un artrópodo.
E SI QUERIAMOS!!

Tiñamos un problema gordo: non sabiamos o que era un artrópodo e buscamos en google imaxes.
Eliximos por parellas o noso artrópodo favorito.




Antón e Ían están buscando imaxes do seu artrópodo favorito.






Esta libeliña, tamén chamada cabaliño do demo, gústanos moito.



A profe Ana díxonos que contestásemos por parellas unhas preguntas sobre o noso artrópodo favorito, algunhas eran fáciles e outras difíciles.



(Preme na imaxe se queres vela a tamaño grande)


Revisámolas entre todos/as e cambiamos as cousas coas que non estabamos de acordo. Nalgunhas preguntas poñíamos interrogacións porque non sabiamos a resposta.
Temos que buscalas en libros, folletos, internet...

Tiñamos outro problema moi gordo, atopamos un artrópodo moi raro e non sabiamos como se chamaba.



????

O profe Xose é apicultor, como el sabe moito das abellas, escribimos unhas cantas preguntas para que nos conteste:
  • ¿Como se fabricaron as abellas?
  • ¿Como nacen?
  • ¿Fan caca ou non?
  • ¿Como sobreviven?
  • ¿Como morren?
  • ¿Como fan o mel?
  • ¿Como fan as colmeas?
  • ¿Como se defenden?
  • ¿Como fan para picar? ¿Por que pican?
  • ¿Pelexan entre elas?
  • ¿As bolboretas e as abellas son inimigas?
  • ¿Son boas ou malas?
  • ¿Son bonitas ou feas?
  • ¿Como levan o pole? ¿Onde o levan?

(Continuará)

Axiña vos daremos información sobre o estrano artrópodo :-)


Redactores/as da entrada:

Nenos e nenas de 1º de Primaria


23 de abril de 2009

Visita dun apicultor á clase de 1º




O martes, Xose, o apicultor, veu á clase de 1º contarnos cousas das abellas.Tróuxonos mel, unha colmea, unha rasqueta, un afumador e un traxe de apicultor.













Fixémoslle catorce preguntas.







Contounos que as abellas facían panais con cera e tamén fabricaban o mel na colmea.


Cando as abellas collen o pole lévano nas patas nunha especie de cestiña.





Deixounos poñer o seu traxe de apicultor que era branco porque as cores escuras poñían nerviosas ás abellas e podían picarlle máis.










O fume que facía co afumador serve para tranquilizar ás abellas e así poden coller o mel.










Tamén nos falou da vida das abellas, que se pelexan entre elas.
As abellas teñen veleno e se cravan o aguillón non o poden sacar porque ten forma de arpón e morren porque se lle rompe un cacho da barriga.


Autores/as da información:
Nenos e nenas de 1º de Primaria

22 de abril de 2009

El tití


El tití es omnívoro, es decir, come de todo. El tití vive en los árboles. El tití mide 15 centímetros. Es el más pequeño de todas las especies de monos.

Entrada de Yanira

20 de abril de 2009

Arroaces


Hoxe (19 de abril) pola tarde vin cinco arroaces e se dirixían cara unha lancha que debía estar pescando peixes.

Entrada de Sergio

17 de abril de 2009

Sorpresa sorpresa!!


Que sorte temos! Acabamos de recibir o premio Olha que blog Maneiro que quer dicir algo así coma "Mira que blog tan chulo".
Estamos enormemente agradecidos a
El Cangurs i els Dracs por este premio tan significativo para nós.
M
oitas grazas. Moltes gràcies. Muchas gracias.

Comentario


Na casa da miña avoa preparáronme unha habitación para min. É de cor rosa e polo arredor ten pegatinas das super nenas. As cortinas son preciosas, teñen estrelas de cores e quedou preciosa.

Entrada de Andrea

15 de abril de 2009

O conto de Susi


Hoxe, a mamá de Andrea nos veu contar un conto. Titulábase "Te quiero Ratoncita". Trataba dunha ratiña moi preguntona. Preguntáballe á súa avoa que é o amor. A avoa díxolle que era moi fácil de dicir. Foron dar un paseo pero o avó díxolles ¡ssssssssssss! porque había uns paxaros que estaban coa súa nai e podían asustalos. Entón, andando despaciño polo camiño viron moitos animais que cuidaban ás súas crías. Fíxose de noite, volveron á casa e o avó esperaba ás dúas na porta. Deitáronse e díxolle a ratiña a súa avoa, ¿se xuntamos todas as cousas que vimos hoxe, iso é o amor? Si, iso é o amor, contestoulle a avoa.

Entrada de Rubén e Santi

Os días de Semana Santa


Na Semana Santa fun a Asturias e a Santander. Tamén fun a unha cova que tiña 300 escaleiras. Vin como se fabricaba o queixo. Paseino moi ben.

Entrada de Rubén

7 de abril de 2009

Así vemos a D. Quijote, Sancho Panza e Dulcinea


Se queres ver todos os debuxos pincha na imaxe.



Para ver máis pincha na imaxe.





Se queres ver mais debuxos pincha na imaxe.