30 de abril de 2010

Visitamos a Biblioteca de Cangas e a exposición de Luís Davila






O día 30 de abril fomos andando á Casa da Cultura. Polo camiño cantamos cancións como Boga boga mariñeiro, Ondiñas veñen... Cando chegamos ensináronnos a biblioteca, ¡tiña 27.000 libros! Despois estivemos na sección de nenos/as lendo contos. Máis tarde baixamos á sala de exposicións e vimos os cadros de Luís Davila. Algúns deles eran Gaiteiro, Gaiteiro I, Os compadres; todos tiñan raias. Cando acabamos fomos merendar a un parque e xogar un bo rato. Finalmente fómonos para o cole e tivemos Ed. Física e Inglés. Ao rematar recollemos as nosas cousas e marchamos para a casa.

23 de abril de 2010

Día do libro


Hoxe é o día do libro, para celebralo preparamos poemas de Miguel Hernández, Federico García Lorca, Antonio García Teijeiro, Gloria Fuertes, ... e recitámolos nas aulas.

21 de abril de 2010

Espectáculo de maxia no cole








Hoxe a 1ª hora fomos ao ximnasio ver un espectáculo de Maxia. O Mago elixiu a Pedro como voluntario para facer un truco. Colleu unha folla e partiuna en dous cachos, despois dobrounos, abriu un deles e saíu un billete de 100 €.

Pará o cuarto truco elixiu a Anira. Partiu un papel de cor vermella en moitos cachos, despois colleunos todos, enrolounos na man e saíron un gorro e un bolso.

Finalmente rompeu un fío en cachos, fixo unha bola, estirouna e apareceu o fío enteiro.


19 de abril de 2010

Concerto no Auditorio


O día 16 de abril fomos ao Auditorio de Cangas. Primeiro colocámonos por parellas. Tivemos que esperar bastante a que chegara autobús. Fomos todo o cole. Cando chegamos sentámonos nas butacas e escoitamos as cancións: Paco Papán, Cocorico, Sal e azucre, Loboferoz, Mariluz avestruz e máis.
Gustounos moito. Ao rematar fomos para o cole.

8 de abril de 2010

Pedro xa está na casa


Pedro xa está na casa, atópase mellor.
Gustoulle moito o agasallo e mandounos esta foto dedicada.

6 de abril de 2010

Bos desexos para Pedro


Onte operaron a Pedro e estamos preparando un agasallo para que se anime e se recupere pronto. Escribimos cartas e acrósticos para facer un libro que lle enviaremos polo seu irmán Nico.

Aquí vai unha pequena mostra:

Ola Pedro, ¿que tal estás? desexo que te mellores. Cando veñas a clase estaremos moi contentos de verte. Espero que cures pronto e que non tardes moitos días. Adeus.
Inés.

Pedro eres una persona muy graciosa. por eso nos estás haciendo siempre reir. Cuando te necesitamos tú siempre estás ahí. Espero que te recuperes pronto para volver a jugar contigo y pasarlo muy bien como antes.
Álvaro

Hola Pedro: ¿Que tal estás? Nosotros muy bien. Te echamos de menos. A mi me gustaba cuando nos perseguías. Espero que estés bien y que vuelvas pronto. Te deseo buena suerte.
Candela

Ola Pedro, espero que te mellores e que a operación saia ben. Cando veñas vamos recibirte con moito agarimo. No recreo xogaremos contigo se toca fútbol e vamos pasarche a pelota moito. ¡Desexo que mellores!
Sergio

Penso en ti
E
res bo

D
esexo que esteas contento

R
ecupérate pronto

O día que veñas darémosche un abrazo.
Hanane

Preto del sempre estou
El sempre é un bo amigo
Desexo que te poñas ben
R
ecupérate pronto

O
xalá isto non pasara

Néstor