Mostrando entradas con la etiqueta Espectáculos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Espectáculos. Mostrar todas las entradas

21 de abril de 2010

Espectáculo de maxia no cole








Hoxe a 1ª hora fomos ao ximnasio ver un espectáculo de Maxia. O Mago elixiu a Pedro como voluntario para facer un truco. Colleu unha folla e partiuna en dous cachos, despois dobrounos, abriu un deles e saíu un billete de 100 €.

Pará o cuarto truco elixiu a Anira. Partiu un papel de cor vermella en moitos cachos, despois colleunos todos, enrolounos na man e saíron un gorro e un bolso.

Finalmente rompeu un fío en cachos, fixo unha bola, estirouna e apareceu o fío enteiro.


19 de abril de 2010

Concerto no Auditorio


O día 16 de abril fomos ao Auditorio de Cangas. Primeiro colocámonos por parellas. Tivemos que esperar bastante a que chegara autobús. Fomos todo o cole. Cando chegamos sentámonos nas butacas e escoitamos as cancións: Paco Papán, Cocorico, Sal e azucre, Loboferoz, Mariluz avestruz e máis.
Gustounos moito. Ao rematar fomos para o cole.