Hoxe a 1ª hora fomos ao ximnasio ver un espectáculo de Maxia. O Mago elixiu a Pedro como voluntario para facer un truco. Colleu unha folla e partiuna en dous cachos, despois dobrounos, abriu un deles e saíu un billete de 100 €.
Pará o cuarto truco elixiu a Anira. Partiu un papel de cor vermella en moitos cachos, despois colleunos todos, enrolounos na man e saíron un gorro e un bolso.
Finalmente rompeu un fío en cachos, fixo unha bola, estirouna e apareceu o fío enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario