22 de mayo de 2009

Maxia no Auditorio


Hoxe (15-5-09) fomos ver unha obra de teatro de maxia. O mago chamábase Teto. A obra representouse no Auditorio. Fixo moitos trucos de maxia. O que máis me gustou foi cando a culebra encontrou a carta que elexiu Pepe, o 2º foi a dos panos, o 3º foi cando a corda se uniu soa e o 4º foi cando co cigarro apareceu o número 743. Foi moi divertida.
Andrea

Hoxe (15-5-09) fomos ver ao Mago Teto. Primeiro merendamos, despois embarcamos no autobús e chegamos ao Auditorio que era o sitio onde se representaba. Ao primeiro o Mago Teto acendeu unha vara de lume e despois apagouna. Un dos trucos era que fumou e fixo uns números e outra onde o mago tiña unha serpe de xoguete.
Antón

12 de mayo de 2009

ACRÓSTICO



P
OLO BONITA QUE SON

RESPLANDEZO COAS MIÑAS FERMOSAS FLORES

INVITO A ULIR O MEU DELICIOSO AROMA

MIRADES AS MIÑAS CORES

AGARDO A QUE MEDREN OS FROITOS

VEÑEN ANIÑAR BANDADAS DE PAXAROS

EU ESPERO QUE AS PERSOAS SE ENAMOREN

RECLAMO OS ANIMAIS

ALGUNHAS PERSOAS FAN POEMAS DE MIN

Nenos/as de 1º

7 de mayo de 2009

QUE BEN O PASAMOS!!!


Se queres ver máis fotos preme na imaxe.

A excursión máis divertida

O día 7 de maio fomos de excursión á casa das palabras (VERBUM). Primeiro paramos no parque de Moaña a merendar e xogar un pouco. Cando chegamos ao Verbum visitamos moitas salas. Ensináronnos un Scriptorium antigo e aprendimos moitas cousas:

-escribían en latín con canas e con plumas que tiñan uns cortes especiais
-os monxes copiaban os libros
-escribían nun plano inclinado sen apoiar a man
-con algunhas pedras facíanse cores e co pole das flores, con sangue de dragón, cuns bichiños (cochinillas), con carrabouxos...
-que se podía borrar con goma de pan
-que facían as follas con peles de animais
-que cosían as follas para facer os libros
-aprendimos a pintar con canas

Logo visitamos outras salas con moitos xogos: de pensar, de escoitar, de falar, de tocar, de percibir...
Despois fomos comer a Samil. Máis tarde bañámonos. Volvimos á escola ás 6 da tarde moi contentos.

Nenos/as de 1º

6 de mayo de 2009

A nosa mascota


A mascota da clase de 1º é unha tartaruga. Chámase Guapa. Sempre quere saír da súa casa. Nas vacacións levámola a nosa casa para que non quede soa. Gústalle comer gambas pequeniñas, peixe, mazá..., no inverno non come porque hiberna.

Entrada de Néstor

5 de mayo de 2009

Contos na Casa da xuventude

Para ver máis fotos preme na imaxe.


Hoxe pola mañá fumos á casa da xuventude cos nenos e nenas de 2º. Vimos unha peli dos camiños e despois contáronnos dou
s contos un era Pedra, pau e palla e outro A bruxa regañadentes. A min o conto que máis me gustou foi A bruxa regañadentes. Paseino moi ben.
Yanira

Gustoume o conto de Pedra pau e palla porque son unhas nenas moi valentes e moi listas.
Cristina O.

Gústoume a Bruxa regañadentes porque os personaxes parecen de madeira, teñen cousas divertidas, é de medo e encántame.
Pedro

Hoxe fomos todos os nenos/as de 1º e de 2º á Casa de xuventude a escoitar un contacontos e había unha pantalla e había un conto ruso.
Antón

O libro de Pedra pau e palla trataba de que un pai que iba ao monte e deixaba un camiño de pedras e de paus e de pallas.
Candela

A min gustoume cando nos contou aquela historia de Nicolai e trataba dun leñador que tiña un can e tres fillas, unha maior, outra mediana e outra pequena. O leñador foi ao bosque, foron levarlle comida e as colleu o oso.
Andrea

Hoxe fomos de excursión á Casa da xuventude e o conto que máis me gustou foi o de A bruxa regañadentes que quería comer aos nenos.
Rubén

Vimos un conto que se titulaba A bruxa regañadentes e outro Pedra pau e palla. Gustoume a bruxa porque facía maxia o xabón.
Soukaina

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º fomos á Casa da xuventude e nos contaron dous contos, un era o de Pedra, pau e palla e outro era o de A bruxa regañadentes. Logo fomos ao parque e más tarde volvemos ao cole.
Néstor

A bruxa quería comer aos nenos.
Celeste

A bruxa regañadentes
Os nenos foron coller froitas e a nai díxolles non ir ao bosque, hai unha bruxa que comer aos nenos.

Laura

Hoxe pola mañá a clase de 1º e 2º fomoa á Casa da xuventude a un contacontos. Nos leron A bruxa regañadentes e Pedra pau e palla. Despois fomos a un parque.
Sergio

A min gustoume o conto de A bruxa regañadentes e tamén o de Pedra pau e palla; había un leñador que era o pai, unha irmá era grande, outra mediana e outra pequena. Gustoume moito.
Inés

Hoxe fomos á Casa da xuventude e vimos A bruxa regañadentes, vímola en video. Tiña uns obxectos máxicos eran un coitelo, un peite e un xabón. A bruxa quería papar aos nenos.
Anira

Hoxe fixemos unha saída e vimos un contacontos. Un conto era Pedra pau e palla e outro A bruxa regañadentes. Gustoume Pedra pau e palla porque é moi bonito, as nenas son moi valentes.
Cris G

O 5-5-09 no colexio CEIP A Rúa houbo unha excursión a Casa da xuventude de Cangas para ver un contacontos. Un conto titulábase A bruxa regañadentes.
Nico

Gustoume A bruxa regañadentes porque facía comida para os nenos e quería comelos pero eles escaparon.
Hanane

Hoxe fomos ver un contacontos á Casa da xuventude e os contos eran A bruxa regañadentes e Pedra pau e palla. Gustoume moito. Despois fomos a un parque e a excursión foi moi divertida.
Álvaro

Pedra pau e palla
Había unha vez un leñador e tres fillas, unha era a máis vella, outra era a mediana e a outra era a máis pequena. Tamén había un oso moi famento e moi tolo. Era un conto que vimos, titulábase Pedra pau e palla. Encantoume o conto.

Ían

Hoxe fomos á Casa da xuventude ver unhas contacontos que facían oito camiños. Primeiro nos contaron Pedra pau e palla e o segundo era a Bruxa regañadentes.
Santi

4 de mayo de 2009

Quero que chegue o verán


Teño ganas de que chegue o verán para poñer os vestidos, pantalóns curtos, camisetas... e ir a praia bañarme e disfrutar do sol e das vacacións do verán.

Entrada de Anira