7 de mayo de 2009

QUE BEN O PASAMOS!!!


Se queres ver máis fotos preme na imaxe.

A excursión máis divertida

O día 7 de maio fomos de excursión á casa das palabras (VERBUM). Primeiro paramos no parque de Moaña a merendar e xogar un pouco. Cando chegamos ao Verbum visitamos moitas salas. Ensináronnos un Scriptorium antigo e aprendimos moitas cousas:

-escribían en latín con canas e con plumas que tiñan uns cortes especiais
-os monxes copiaban os libros
-escribían nun plano inclinado sen apoiar a man
-con algunhas pedras facíanse cores e co pole das flores, con sangue de dragón, cuns bichiños (cochinillas), con carrabouxos...
-que se podía borrar con goma de pan
-que facían as follas con peles de animais
-que cosían as follas para facer os libros
-aprendimos a pintar con canas

Logo visitamos outras salas con moitos xogos: de pensar, de escoitar, de falar, de tocar, de percibir...
Despois fomos comer a Samil. Máis tarde bañámonos. Volvimos á escola ás 6 da tarde moi contentos.

Nenos/as de 1º

4 comentarios:

Chus dijo...

Ana hoi estas mui guapa eso
te pasa porque tienes una boca mui bonita
Andrea

Ana dijo...

Grazas, Andrea. Ti si que es bonita!!

Un biquiño de mel, doce coma ti.

VICKY GALLEGO dijo...

hola amigas hormigas!!! que bien lo pasais!!!. Con el calor que hace ya dan ganas de bañarse.
Un beso desde Faura
les granotes

ian dijo...

Ana ti tamen estas moi guapa ese
dia e sabes que se me contestas non quero velo de tanta alegria un
beso de Can