23 de abril de 2009
Visita dun apicultor á clase de 1º
O martes, Xose, o apicultor, veu á clase de 1º contarnos cousas das abellas.Tróuxonos mel, unha colmea, unha rasqueta, un afumador e un traxe de apicultor.
Fixémoslle catorce preguntas.
Contounos que as abellas facían panais con cera e tamén fabricaban o mel na colmea.
Cando as abellas collen o pole lévano nas patas nunha especie de cestiña.
Deixounos poñer o seu traxe de apicultor que era branco porque as cores escuras poñían nerviosas ás abellas e podían picarlle máis.
O fume que facía co afumador serve para tranquilizar ás abellas e así poden coller o mel.
Tamén nos falou da vida das abellas, que se pelexan entre elas.
As abellas teñen veleno e se cravan o aguillón non o poden sacar porque ten forma de arpón e morren porque se lle rompe un cacho da barriga.
Autores/as da información:
Nenos e nenas de 1º de Primaria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Xose e un apicultor que viño un
Martes a falarnos das Abellas
ye fixemos preguntas e trouxonos
unha colmea de Abellas,un afumador,
unha erramenta ,mel...
logo ao final pobamos a mel que
estaba deliciosa tamen probamonos
os traxes
Publicar un comentario