A mediados de maio Xandre trouxo á clase vermes de seda. Xa estaban ben grandes porque dende que as larvas saíron do ovo non pararon de comer e comer follas de moreira que é o seu alimento. Despois da fin de semana das Letras Galegas os vermes xa fixeran o casulo de seda, aí é onde se produciu a transformación de verme a bolboreta. Hoxe cando chegamos pola mañá unha das bolboretas xa saíra do seu casulo. Este proceso de transformación chámase metamorfose.
Nestas fotos podedes ver a bolboreta da seda que temos na clase.
Se premes na foto podes ver información e imaxes da metamorfose do verme de seda.
Xandre trouxo a caixa dos vermes que tiña na casa, na foto podemos ver as bolboretas e os ovos que puxeron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario