Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas

20 de junio de 2013

Campamentos saharauis de Tindouf

Onte Susana e Paula, a mamá e a tía de Anxo, viñeron falarnos dos nenos e das nenas que viven nos campamentos saharauis. O primeiro que nos explicaron foi onde está situado o campamento e a razón pola que están vivindo alí moitas familias. Ensináronnos vídeos e fotos onde puidemos ver como é o lugar onde viven, como son as súas casas que se chaman jaimas, os animales que coidan, os depósitos onde teñen a auga, a escola...
Alí as condicións de vida moi duras, dependen totalmente da axuda internacinal para subsistir pero a pesar de todo isto comprobamos que os nenos e as nenas son alegres e con moi pouco son felices. ¡Canto temos que aprender deles!

Tamén puidemos ver fotos de Fatma, unha nena saharaui que pasou varios veráns aquí coa familia de Anxo. Durante a súa estancia acollérona como un membro máis da familia e participou en moitas actividades como ir ao cine, a praia, celebrar os aniversarios, bañarse na piscina, ir ás festas de verán... algo que non pode facer no seu campamento.
Grazas Susana e Paula por compartir con nós esta experiencia, seguro que todos/as aprendemos a ser máis solidarios/as e a valorar o que temos.

Alfombras que teñen nas jaimas, as pequenas utilízanas para rezar.

10 de octubre de 2012

OS NENOS E NENAS CONTAN...

O LUNS ANXO DE 2º SAIU NO PERÍODICO, FOI A MASSÓ, ¡SEGURO QUE O PASOU MOI BEN! ALÍ NA FESTA VIU UN MARTÍN PESCADOR E OUTRAS AVES, TAMÉN ÁRBORES CON NIÑOS E PEGADAS DE AVES.
Para ler a noticia pincha en MASSÓ


8 de octubre de 2012

ANELAMENTO DE AVES

ONTE, NO CONTORNO DE BALEA, A ASOCIACIÓN ANDURIÑA REALIZOU UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA A PEQUENOS E MAIORES PARA OBSERVAR E ANELAR A DIFERENTES PAXAROS. NESTA ACTIVIDADE PARTICIPARON VARIOS NENOS E NENAS DO 1º CICLO. QUE BEN O PASARON E CANTO APRENDERON! 
  XANDRE OBSERVANDO UN PAPORRUBIO. 

 ANXÉLICA A PUNTO DE SOLTAR UN PAXARO

 UN NENO ALOUMIÑANDO UN PAPORRUBIO

PAPORRUBIO
Para ler unha historia  popular deste paxariño preme na imaxe.