25 de marzo de 2010
Arturo e Clementina
Para rematar as clases do 2º trimestre tivemos un agasallo especial. Carolina, a mamá de Candela, veu á clase e leunos varios contos.
O primeiro que leu foi o de "Arturo y Clementina", dúas tartarugas que se enamoran un fermoso día de primavera. Clementina soña cunha vida chea de aventuras. Quere aprender a tocar a flauta, a pintar, viaxar a Venecia... Arturo mércalle regalos e ofrécelle unha vida tranquila e sen sorpresas. Ela carga cos regalos e abúrrese. Ata que un día decide vivir ó seu gusto. Un día Arturo atopa a casa baleira e non entende nada.
Grazas Carolina, gustáronnos moito os contos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario