27 de noviembre de 2013

Un dente móvese

A protagonista deste conto que escribiu Daniel Barbot é Mariña. Unha mañá sente que un dente se lle move. A súa nai arríncallo atándoo cun fío azul. Ao deitarse puxo o dente debaixo da almofada e durmiu. Esa noite soñou...

Nestas imaxes aparecen as ilustracións que fixeron as nenas/os de 2º
 
 Despois de ler o conto tamén pensaron preguntas para facerlles aos seus compañeiros e compañeiras:
  • Como se chama o autor deste conto?
  • Como se chama a nena?
  • Como lle arrincou a súa nai o dente?
  • Que fan os ratos cos dentes?
  • Que lle trouxo o rato a Mariña?
  • Quen virá buscar o dente?
  • Foi un soño?
  • Quen lle arrincou o dente a Mariña?
  • A quen lle dixo Mariña bos días?
  • Que se lle movía a Mariña?
  • Con que lle arrincou o dente?
  • A quen abrazou Mariña?
  • A quen se lle caeu o dente?
  • Con quen falou Mariña?
  • Cando vén o rato Pérez? e por que?

2 comentarios:

May dijo...

Ola Chus!!!
Grazas por publicar os nosos traballos no blog.
Gustounos moito o teu conto e queremos que volvas pronto a contarnos outro,se pode ser o de Don Quixote.
Moitos dentiños dos nenos/as de 2º.

coromitas dijo...

Hola te he dejado un premio para tu blog en esta direccion
http://loshijosdelaprofe.blogspot.com/2013/12/super-emocionada.html
Espero te agrade. Felicidades!