4 de febrero de 2010

Poema "A Lúa e a nena dourada"


No libro de poemas "Á sombra do lueiro de papel" de Ed. Everest, Antonio García Teijeiro propón continuar un poema que el empeza así:

Xa vén dona Lúa
cantándolle arrolos
á nena dourada
que eu teño no colo.


Nós continuámolo así:

Xa vén dona Lúa
recitando cantigas
dálle alegría
á nena durmida.

Xa vén dona Lúa
á nena entreter
co seu axóuxere
faina tremer.

Xa vén dona Lúa
o berce abanear
cos raios fermosos
fai á nena brillar.

Autores/as: nenos/as de 2º

2 comentarios:

bescariz dijo...

Que fermosura!
Vaia poetas que temos por Cangas.
Grazas ás formigas por compartir
estes versos cos seus admiradores.

Chus dijo...

Belén, grazas a ti por visitar o noso blog e agasallarnos coas túas palabras.