28 de marzo de 2009

Soukaina viaja a Marruecos


Después del carnaval fui a Marruecos con mi papá y mi mamá. Viajé en autobús y en un barco que tenía para tumbarse y para comer. Estuve con mi abuelo y mi abuela. Dormí en la casa de mis primas. Fui a la piscina y a un parque que tenía muchas flores.

25 de marzo de 2009

Saída a Pontevedra


Xogamos no parque.
(Se queres ver máis fotos pincha na imaxe)


Hoxe, día 25, os nenos/as de 1º e 2º fomos a Pontevedra ver unha obra de teatro que se chamaba Bolboreta.
Primeiro merendamos e xogamos en dous parques, un era para pequenos e no outro había un circuíto para nenos máis maiores. Cando iamos ver a obra nos equivocamos de sitio e tivemos que ir moi apurados a otro lado e buscar o lugar onde a representaban.
Había un monstro peludo e feo que quería comer a un rei cagainas, unha nena moi valente chamada Bolboreta, un bebé xoguetón, uns ratiños pillos, unhas bolboretas alegres e un coelliño listo. ¡¡¡Encantounos!!!




Un monstro peludo quería comer ao rei.
(Para ver máis debuxos pincha na imaxe)

23 de marzo de 2009

Arroaces en Rodeira


Hoxe (22-3-09) cando ía polo paseo de Rodeira coa miña familia vin dous arroaces que estaban buscando peixes na ría. Nadaban, saltaban ao lado dun barco, levantaban a cola... Eu nunca os vira, gustáronme moito.

Entrada de Cristina González

16 de marzo de 2009

O gatiño



É un gatiño
moi bonitiño,

que cando lle dan cariño,

dálle ao rabiño.
É negriño como a noite
e ten un gran bigote,

gústalle comer peixiño

e cando o come,
ponse moradiño.


Entrada de Ían

13 de marzo de 2009

As abellas


Trátase dun insecto que vive en colmeas. Aliméntase do pole e do néctar das flores. Elabora cera e mel, produtos que as persoas recolectan.

Hai tres clases de abellas: obreiras, abázcaros (zangános) e raíñas.

Entrada de Inés



12 de marzo de 2009

Hanane cuenta...


Soukaina se fue a Marruecos y llegó ayer. Vino en coche con su papá y su mamá. Sus hermanos mayores no fueron, se quedaron.
Marruecos es muy bonito.
Hoy Soukaina está malita, le duele la barriga, se quedó en casa durmiendo. Es mi amiga y juego con ella al escondite y a la pita. Ella habla mucho español.

11 de marzo de 2009

Adivinanza


Con su caballo y su escudero
sale por la Mancha este cabellero.
Quiere justicia, busca aventuras
y encuentra palos y desventura.

10 de marzo de 2009

Andrea nos recuerda los carnavales


Rimas de carnavales


Los niños divertidos
de colores se han vestido,
cada uno lleva un traje
imitando a un personaje.

6 de marzo de 2009

Adiviña primaveral de Laura



É rosa,
ten pétalos e
un talo de cor verde.

5 de marzo de 2009

Visitamos A Mangallona


Camilo recíbenos na casa museo A Mangallona



Observamos os retratos na sala da "Pedra Moura"


Hoxe pola mañá, as nenas e nenos do 1º Ciclo visitamos o museo de A Mangallona. Había moitos retratos, cadros realistas, figurativos e abstractos. Tamén había esculturas. Despois de mirar a exposición fixemos preguntas e logo un debuxo.


O museo de A Mangallona está en Coiro (Cangas). Nel atópase a maior parte da obra de Camilo Camaño Xestido.

2 de marzo de 2009

Celeste lembra unha triste noticia de Gaza


A cruz vermella denuncia que os feridos morren nas rúas esperando a chegada dunha ambulancia.

27 de febrero de 2009

UNHA ADIVIÑA DE CRISTINA O.



Salta que salta.
Canta que canta.
Mira que mira,
pero a coliña lle falta.


22 de febrero de 2009

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Hoxe (20-1-09) celebramos o Entroido.


Fixemos unha ficha e logo merendamos chulas, filloas, orellas...



Despois de xogar no patio, disfrazámonos de Ratos Electrónicos.



Desfilamos pola Pedreira.




Á volta cantamos a canción.


Ao final queimamos o Meco.


Queremos agradecer ás familias a colaboración na confección dos disfraces, na elaboración de postres típicos e a participación nesta festa de Entroido.


18 de febrero de 2009

Un conto de Pedro



O saltón e o lagarto

Era unha vez un saltón que foi durmir porque era noite. Cando se fixo de día, foi dar un paseo polo monte. Alí estaba un lagarto tomando o sol. O saltón preguntoulle se quería xogar con el e o lagarto díxolle que si. Xogaron ás agachadas e pasárono moi ben.

16 de febrero de 2009

Nico fai orellas para o Entroido



O xoves miña nai máis eu e os meus irmáns imos facer orellas. Miña nai fai a masa e nos facemos as orellas.

Estiramos a masa na mesa e cun vaso facemos a forma. Despois van para a tixola.

Ao sacalas botámoslle moito azucre.


13 de febrero de 2009

Álvaro informa sobre Cupido e o amor


Cóntase que houbo un anxo chamado Cupido que co seu arco lanzaba frechas aos corazóns dos mozos e das mozas para que se namorasen.

11 de febrero de 2009

Interesante información de Rubén


A extinción dos dinosauros

A extinción dos dinosauros non se sabe como foi, pero pénsase que se extinguiron por culpa dun meteorito que produciu un gran cambio climático.

Formouse unha nube moi grande de po que tapou o sol e morreron as plantas. Formáronse tamén unhas ondas xigantes e terremotos que arrasaron a terra.


6 de febrero de 2009

Un chiste de Santi


Na clase preguntáronme:

-Dime unha palabra que empece pola letra M.

-“Cacerola”.

-¿Onde ten a “cacerola” o M?

-No mango.

5 de febrero de 2009

CARTA DE AMOR PARA DULCINEA


As nenas e nenos de 1º axúdanlle a D. Quijote a escribir unha carta de amor para a súa amada.


La Mancha, 5-2-09

Mi amada Dulcinea:

Estuve todos estos días sin verte y pensando en ti. Ay! Que triste estoy!

Eres como una luz brillante que ilumina mi corazón. Eres bella como unha rosa. Mi corazón late por verte. Estoy contando los días que faltan para estar a tu lado.

Adiós, mi sol brillante!
Te quiero, mi princesa Dulcinea.

Don Quijote

4 de febrero de 2009

Inés infórmanos...


As hienas teñen o corazón o dobre de grande có dun león.

Poden percorrer cen quilómetros nun só día.

2 de febrero de 2009

Facemos un retrato das nosas compañeiras e compañeiros


Adiviña a quen retratou cada un/unha de nós.

30 de enero de 2009

A PAZ


PARA NÓS, A PAZ É:

COMPARTIR A NATUREZA, A FANTASÍA, O AMOR...

AXUDAR AS PERSOAS QUE O NECESITEN

COIDAR E QUERER AOS DEMAIS, AO PLANETA...

COLABORAR EN EQUIPO

CONVIVIR CON TODOS

DIALOGAR PARA CHEGAR A ACORDOS

ENSINAR, XOGAR, REGALAR...


Hanane, Néstor, Cristina O., Nico, Laura, Rubén, Yanira, Álvaro, Anira, Sergio, Soukaina, Mario, Candela, Celeste, Antón, Andrea, Santi, Cristina G., Ían, Inés, Pedro

Candela conta...



Hoxe (27-1-09) vou ir a cociña e sempre é un misterio o que cociñamos.

29 de enero de 2009

Escribimos un pé de foto


Se queres ler todos os pés de foto pincha na imaxe.


28 de enero de 2009

NOTICIA DE YANIRA E DA SÚA NAI ANA


OBSERVAMOS DOUS CADROS DE LAXEIRO.



SABELA EXPLÍCANOS DETALLES DUN CADRO DE BOTERO.


HOXE ( 27 DE XANEIRO) FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO VER DÚAS EXPOSICIÓNS. A PRIMEIRA ERA DUN ARTISTA CHAMADO LAXEIRO. HABÍA MOITOS RETRATOS, CADROS CON XENTE DEBUXADA, PAISAXES...

DESPOIS DE VER OS CADROS FOMOS A UNHA SALA E DEBUXAMOS RETRATOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

LOGO FOMOS VER A EXPOSICIÓN DE FERNANDO BOTERO. HABÍA MOITOS CADROS DEDICADOS AO CIRCO. HABÍA PALLASOS, TRAPECISTAS, ANIMAIS... TODOS MOI GORDOS E CON MOITAS CORES.

MÁIS TARDE FOMOS A UNHA SALA PARA PINTAR UN DEBUXO DO CIRCO.

FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA.


22/01/09

Aquí tendes os sacapenas e a carta para os nenos e nenas de Gaza

Sacapenas para que os/as pícaros/as de Gaza volvan sorrir :-)


Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.



Ola, nenos e nenas palestinos:

Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).


Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.

Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.


Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.

Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi


A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.



Visualizar o mapa ampliado

27 de enero de 2009

Unha ADIVIÑA de Cristina G.



SALTA.
VIVE NA SELVA.
COME PLÁTANOS
E GÚSTALLE XOGAR

¿QUE É?

23 de enero de 2009

Ían nos ofrece este poema



LAS MANOPLAS


TENGO UNAS MANOPLAS QUE SON JUGUETONAS,

CUANDO ME LAS PONGO HACEN CARANTOÑAS.

CON ELLAS MIS MANOS ESTÁN CALENTITAS

Y SOBRE MI CARA HACEN COSQUILLITAS.

QUIERO A MIS MANOPLAS SUAVECITAS Y BLANCAS

QUE DAN CALORCITO COMO MI BUFANDA.

21 de enero de 2009

Néstor infórmanos sobre as formigas


AS FORMIGAS PERTENCEN AO GRUPO DE INSECTOS QUE VIVEN EN SOCIEDADE COMO AS ABELLAS E AS AVESPAS. HABITAN EN COLONIAS CHAMADAS COMUNMENTE FORMIGUEIROS.

O MESMO QUE OUTROS INSECTOS SOCIAIS PRESENTAN DIFERENTES TIPOS DE INDIVIDUOS QUE GARANTEN A CRÍA DOS OVOS E LARVAS E DESEMPEÑAN DIFERENTES FUNCIÓNS.

20 de enero de 2009

Sarabia en Cangas



HOXE POLA MAÑÁ SARABIOU MOITO EN CANGAS. O PARQUE DO COLE ESTABA TODO BRANCO. FACÍA MOITO FRÍO. ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS COLLERON XEO. TIVEMOS QUE ANDAR A MODO PARA NON ESVARAR.