A extinción dos dinosauros
A extinción dos dinosauros non se sabe como foi, pero pénsase que se extinguiron por culpa dun meteorito que produciu un gran cambio climático.
Formouse unha nube moi grande de po que tapou o sol e morreron as plantas. Formáronse tamén unhas ondas xigantes e terremotos que arrasaron a terra.
2 comentarios:
Soamente quería dicirche que esa é unha das explicacións que os maiores damos á desaparición dos dinosaurios, pero hai moitas máis.
Hai xente que pensa que poideron desaparecer por unha epidemia ou por un cambio climático ou porque foron superados por outros animais máis pequenos e áxiles...
Como non estabamos alí cando desapareceron, é difícil estar seguro/a. Hai moitos libros que falan deste tema.
Grazas por facernos pensar.
Un biquiño grandísimo como un ovo de dinosaurio.
GRAZAS POLO COMENTARIO. ADEUS RUBEN
Publicar un comentario