Imos explicarvos por que nos gustan tanto os artrópodos á clase de 1º.
Todo empezou cando a Universidade de Vigo nos mandou unha carta por si queriamos construír un artrópodo.
E SI QUERIAMOS!!
Tiñamos un problema gordo: non sabiamos o que era un artrópodo e buscamos en google imaxes.
Eliximos por parellas o noso artrópodo favorito.
Esta libeliña, tamén chamada cabaliño do demo, gústanos moito.
A profe Ana díxonos que contestásemos por parellas unhas preguntas sobre o noso artrópodo favorito, algunhas eran fáciles e outras difíciles.
(Preme na imaxe se queres vela a tamaño grande)
Revisámolas entre todos/as e cambiamos as cousas coas que non estabamos de acordo. Nalgunhas preguntas poñíamos interrogacións porque non sabiamos a resposta.
Temos que buscalas en libros, folletos, internet...
Temos que buscalas en libros, folletos, internet...
Tiñamos outro problema moi gordo, atopamos un artrópodo moi raro e non sabiamos como se chamaba.
O profe Xose é apicultor, como el sabe moito das abellas, escribimos unhas cantas preguntas para que nos conteste:- ¿Como se fabricaron as abellas?
- ¿Como nacen?
- ¿Fan caca ou non?
- ¿Como sobreviven?
- ¿Como morren?
- ¿Como fan o mel?
- ¿Como fan as colmeas?
- ¿Como se defenden?
- ¿Como fan para picar? ¿Por que pican?
- ¿Pelexan entre elas?
- ¿As bolboretas e as abellas son inimigas?
- ¿Son boas ou malas?
- ¿Son bonitas ou feas?
- ¿Como levan o pole? ¿Onde o levan?
(Continuará)
Axiña vos daremos información sobre o estrano artrópodo :-)
Redactores/as da entrada:
Nenos e nenas de 1º de Primaria
4 comentarios:
Hola.
¿Conocéis esta página sobre artrópodos?
a ver si os gusta
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material036/web_publicar/artropodos.html
o anomalocaris e moi chulo pero moi estraño e ten un nome moi raro tamén e moi antiguo gustame moito
Alvaro
era un artropodo moi raro e non sabiamos como se chamaba
o anomalocaris o artropodo mais chuli
Publicar un comentario