21 de marzo de 2013
20 de marzo de 2013
Hoxe Xandre agasallounos co recitado deste poema de Gloria Sánchez. Gustounos moito.
Deixámosvos este divertido poema por se o queredes aprender.
O DRAGÓN DORME NUN POZO.
LEVÁNTASE POLA ALBADA,
ALMORZA CON ENSALADA,
LOGO CORRE POLO MONTE
CON ZAPATÓNS DE DEPORTE.
¡¡ATCHUIIISSS!!
-É UN ESPIRRO BESTIAL-
SAE LUME E MOITO FUME
POLO NARIZ ANIMAL.
SAEN VOANDO OS PAXAROS,
OS RAPOSOS, CHAMUSCADOS.
AS TOUPAS NON MIRAN BEN...
¡CHOSQUIÑA! ¡CORRE, MULLER!
E O XIGANTE DRAGANTÓN
BÁGOS VERDES, XEME-XEME:
-¡OU!
¡CANTA QUEIMA, CANTO MAL
¡CANTA QUEIMA, CANTO MAL
POR UN CATARRO NASAL!
(Gloria Sánchez)
19 de marzo de 2013
18 de marzo de 2013
15 de marzo de 2013
13 de marzo de 2013
12 de marzo de 2013
O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira
Xulia e Candela léronnos este divertido conto que fala da mamá de Marquiños que está moi anoxada e bota fume pola boca coma se fose un dragón.
11 de marzo de 2013
9 de marzo de 2013
6 de marzo de 2013
27 de febrero de 2013
Os tres porquiños
Hoxe Manu contounos este conto utilizando elementos que el mesmo fixo como as casiñas, o lobo, os porquiños... Fíxoo moi ben, encantounos.
25 de febrero de 2013
22 de febrero de 2013
21 de febrero de 2013
20 de febrero de 2013
18 de febrero de 2013
Buscamos información do gato.
No Entroido disfrazámonos de gatos por iso buscamos información para saber máis cousas destes animais.
Se queres ler a información que completamos entre todos e todas preme na imaxe.
15 de febrero de 2013
8 de febrero de 2013
Celebramos a festa do Entroido
Empezan as festas do Entroido, nós celebrámolo hoxe. Non faltaron orellas, filloas, e outras lambonadas propias destas datas. Tampouco faltaron os disfraces e o bo humor.
Tivemos sorte xa que nos acompañou o tempo para desfilar polo barrio e para cantar as coplas no patio.
Tivemos sorte xa que nos acompañou o tempo para desfilar polo barrio e para cantar as coplas no patio.
6 de febrero de 2013
Un día na vida de David
¡Que ben nos relatou David un día da súa vida!
Podedes ler a continuación este relato poético:
Podedes ler a continuación este relato poético:
ÉRGOME POLA MAÑÁ
CON BO PÉ, NON SON LACAZÁN
MARCHO PARA A ESCOLA
QUE AÍNDA QUE TEÑA BARROTES
NON É UNHA GAIOLA
SAIO CONTENTO PORQUE
AGORA COMEZA O DIVERTIMENTO
XA POLA NOITIÑA
¡QUE CANSO ESTOU
MIMADRIÑA!
PERO TEÑO TEMPO DE PENSAR
MAÑÁ É OUTRO DÍA
¡QUE BEN O VOU PASAR!
Autores: David e o seu papá
4 de febrero de 2013
1 de febrero de 2013
31 de enero de 2013
Taller de disfraces
O pasado martes día 29 a clase de 2º converteuse nun taller de disfraces no que colaboraron as mamás dos nenos e das nenas. Nesta foto podedes ver a todas traballando para poñer a punto os traxes.
Queremos agradecer ás familias a boa disposición que teñen sempre para colaborar.
Queremos agradecer ás familias a boa disposición que teñen sempre para colaborar.
30 de enero de 2013
Día escolar da PAZ
PARA AS NENAS E OS NENOS A PAZ É:
- COIDAR AOS COMPAÑEIROS/AS CANDO SE FAN DANO.
- COIDAR AOS AMIGOS/AS.
- ESTAR CONTENTOS/AS.
- QUERERSE MOITO.
- DAR APERTAS, BEIXIÑOS.
- ESTAR TRANQUILOS/AS.
- PORTARSE BEN COS DEMAIS.
- COMPARTIR AS COUSAS
- PLANTAR ÁRBORES E COIDAR OS BOSQUES.
- COIDAR A TERRA E OS ANIMAIS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















