26 de mayo de 2014

Poema de Antonio García Teijeiro



Había un ventiño

que non tiña ollos.

Había outro vento

con cara de tolo.



Había un ventiño

vestido de azul.

Había outro vento

que viña do sur.



Había un ventiño

con gafas de prata.

Había outro vento

con gafas de nácara.



Os ventos que había

están a durmir.

Calade, meniños,

a noite é feliz.

A continuación podedes ler algunhas recreacións que fixeron as nenas e os nenos de 2º inspirándose neste poema.


Había un peixiño

que non tiña aletas.

Había outro peixe

con cara de seta.



Había un peixiño

vestido de plumas.

Había outro peixe

que viña da espuma.



Os peixes que había

están a xogar.

Cantade baleas

o día é para celebrar.

---------------------------


Había unha estreliña 

que non tiña luz.

Había outra estrela

con cara de avestruz.



Había unha estrela

vestida de prata.

Había outra estrela

que era de lata.



As estrelas que había

están a cear.

Deitade na lúa

para soñar.

----------------------------

Había un burriño 
que non tiña orellas. 
Había outro burro 
con cara de vella.

Había un burriño 
vestido de cornos. 
Había outro burro 
que viña do forno. 

Os burros que había 
están a estudar. 
Bailade vaquiñas 
que o día é para traballar. 

-------------------------------

Había un canciño 
que non tiña orellas. 
Había outro canciño 
con cara de fuciño. 

Había un canciño 
vestido de diamantes. 
Había outro canciño 
que era un paseante. 

Os canciño que había 
están a pintar. 
Cantade canciños 
o día é para disfrutar.
 
 




16 de mayo de 2014

TODO UN CAMPIÓN!!!

Marco Santos, de 1º de Primaria, resultou campión da XX xornada de atletismo Base Vila de Cangas.


4 de abril de 2014

11 de marzo de 2014

Un poema de Carlos Reviejo


Entre luceros dorados,
está la luna alumbrando,
luneando, luneando.

Y va contento don Sapo,
por un camino cantando,
sapeando, sapeando.

Con don Grillo se ha encontrado,
que iba su gri-gri tocando,
grilleando, grilleando.

Y ahora juntos, de la mano,
van por el camino andando,
sapeando y grilleando.

Después de la lectura de este poema, las niñas y los niños de 2º escribieron sus versiones. Podeis leerlas pinchando con el ratón en el poema original.

También propusieron estos títulos para el poema:
  • Entre la luna
  • La luna y los animales
  • Luneando, sapeando, grilleando
  • Un sapo y un grillo
  • Dos amigos y la luna
  • Entre luceros dorados
  • La rana y el grillo
  • Caminando con la luna
  • El sapo y el grillo
  • Don sapo
  • Don sapo y don grillo
  • La luna
  • Don grillo y don sapo
  • Sapeando, grilleando
  • La luna está brillando
  • Sapeando, sapeando va don sapo
  • Los amigos

25 de febrero de 2014

24 de febrero de 2014

O BIGOTE DE CHARLOT

Unha clase de bigotes

18 de febrero de 2014

14 de febrero de 2014

AGASALLO DE CLAUDIA

Hoxe Claudia,de 2º de Primaria, sorprendeunos con flores e  mensaxes agarimosos.
GRAZAS CLAUDIA!!!

Lindas flores e preciosas sonrisas

3 de febrero de 2014

16 de enero de 2014

OS NENOS/AS DE 2º INVESTIGAN SOBRE CURIOSIDADES DOS ANIMAIS

Os dentes dos coellos non paran de medrar

As vacas poden subir escaleiras,pero non baixalas

O pescozo da xirafa ten o mesmo número de vértebras que o das persoas.

A abella ve as flores amarelas de cor azul.

5 de enero de 2014

Unha felicitación entrañable

Este Nadal recibín unha sorpresa moi agradable, a felicitación das nenas e nenos de 2º. Nela amosan os mellores desexos para estas festas e para o novo ano que acaba de empezar.
Moitas grazas a todos e todas.

13 de diciembre de 2013

UNHA ÁRBORE DE PELÍCULA

Na nosa clase xa temos árbol de Nadal.As follas están feitas coas nosas mans en papel e pintadas de verde e unha estrela de cartolina amarela.Como podedes ver investigamos como felicitar o Nadal en varios idiomas.Costounos moito traballo,pero mereceu a pena.
QUEREMOS QUE O PASEDES MOI BEN.
BO NADAL!!!!!!!!!!!!!!!!





2 de diciembre de 2013

ROCINANTE,O MELLOR DOS CABALOS!!!

Lara,Manu G. e Andrea amosan a Rocinante

É o cabalo que máis nos gusta porque nos recorda a alguén moi especial

29 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN DE CABALOS EN 2º:OS NOSOS "SPIRIT"

O primeiro día empezamos con 3 cabalos de Antón
O SEGUNDO DÍA!!!!!!!!!!!!
Son todos distintos


27 de noviembre de 2013

Un dente móvese

A protagonista deste conto que escribiu Daniel Barbot é Mariña. Unha mañá sente que un dente se lle move. A súa nai arríncallo atándoo cun fío azul. Ao deitarse puxo o dente debaixo da almofada e durmiu. Esa noite soñou...

Nestas imaxes aparecen as ilustracións que fixeron as nenas/os de 2º
 
 Despois de ler o conto tamén pensaron preguntas para facerlles aos seus compañeiros e compañeiras:
  • Como se chama o autor deste conto?
  • Como se chama a nena?
  • Como lle arrincou a súa nai o dente?
  • Que fan os ratos cos dentes?
  • Que lle trouxo o rato a Mariña?
  • Quen virá buscar o dente?
  • Foi un soño?
  • Quen lle arrincou o dente a Mariña?
  • A quen lle dixo Mariña bos días?
  • Que se lle movía a Mariña?
  • Con que lle arrincou o dente?
  • A quen abrazou Mariña?
  • A quen se lle caeu o dente?
  • Con quen falou Mariña?
  • Cando vén o rato Pérez? e por que?

25 de noviembre de 2013

A PELÍCULA DE "UP" EN 1º DE PRIMARIA

Ola!
Somos os nenoa/as de 1º.Este ano temos de tema núcleo "O Cine".
Estamos traballando a peli "UP".Fixemos esta foto coa casiña da película para que a coñezades.