1 de julio de 2012

Cantas mostras de cariño!

Remata o curso e os nenos e nenas amosan o seu cariño aos profesores e profesoras que compartiron con eles/as tantas horas ao longo do curso. Este e o meu caso, coas súas frases cheas de sentimento e os seus debuxos fanme comprender que calquera esforzo ten sempre unha recompensa maior.
Grazas a todos e a todas, vós sodes o motor que me axuda a avanzar.
Desexo que pasedes un BO VERÁN e que empecedes o próximo curso con moita enerxía.
Chus

Aquí deixo un par de traballos e as firmas de todos/as




21 de junio de 2012

Gaspar, o pastor de lebres

O día 20 os nenos e as nenas de 5º léronnos este orixinal e divertido conto da tradición oral danesa. Trata de Gaspar, un pastor atrevido que quere namorar a unha princesa un pouco rabuda e esixente. Ela, para afastar aos que só queren casar por interese, pónlles unha condición aos seus pretendentes: teñen que guiar as súas 50 lebres ao bosque e traelas todas á volta de tres días.
Conseguirá Gaspar superar esta proba?

20 de junio de 2012

Bonobo

Onte contei a información do bonobo. Ao nacer o bonobo pesa 2 kg. Cando nace, toda a manda vai recibir ao recén nacido. Se independiza aos 3 anos.
Xaime

Canguro vermello

 
Sarai leu información deste animal que vive nas rexións áridas do continente australiano. Teñen as patas traseiras longas e poderosas, uns pés tamén longos e unha cola forte que lle axuda para desprazarse a brincos, son os únicos animais grandes que se desprazan desa maneira. Os canguros, coma todos os marsupiais, teñen unha bolsa coñecida como marsupio na que as crías se desenvolven despois do parto. Son herbívoros, aliméntanse de herba e raíces; tamén son rumiantes.

19 de junio de 2012

Espantallo amigo

Hoxe Camilo, o papá de Teo, leunos este libro de X. Neira Vilas. Conta a historia do tío Ramón de Reborneda, un velliño pobre que ten ao pé da casa a figueira máis grande da aldea. Os merlos deron con ela e peteiran os figos sen parar. O tío Ramón armou un espantallo que puxo na galla máis baixa da árbore, os merlos fuxiron pero ...

Grazas por compartir con nós este conto tan entrañable.

4 de junio de 2012

Noraboa Teo!!



O SÁBADO, DÍA 2, ESTIVEN NO CAMPIONATO GALEGO EN FERROL. FIXEN 1 KM MARCHA, ESTABA ALGO NERVIOSO POLO PISTOLETAZO PERO SON CAMPION GALEGO, O IMPORTANTE É FACELO BEN. 
TEO

Anguía

ONTE CONTEI A INFORMACIÓN DA ANGUÍA. AS ANGUÍAS VAN AO MAR DOS SARGAZOS PARA REPRODUCIR OS OVOS. DESPOIS OS PAIS MORREN E OS OVOS QUEDAN ABOIANDO NO MAR E ALGÚNS OS COMEN OS DEPREDADORES.
ROQUE

3 de junio de 2012

Un premio!!

Queremos agradecer aos nenos e as nenas de 2º Nivel do CEIP Nazaret de Cangas, "Supercunchas, Estrelas e Polvos", que nos elixiran para este premio. Grazas.

30 de mayo de 2012

Pomelo crece


Hoxe Carmen, a mamá de Mara, estivo no cole para contar este fantástico conto. Pomelo, o elefante, está cheo de medos e de preguntas, medrar non é fácil para un elefantiño.
Grazas Carmen por dedicarnos estes momentos tan agradables.

24 de mayo de 2012

Excursión de fin de curso

O día 23 de maio fomos de excursión a Vigo. Chegamos e fomos ao museo. Alí vimos a bola do mundo que tiña botóns e se movía cando pulsabamos un botón. Despois 12 nenos/as entraron ao submarino e outros 11 nenos foron xogar nos ordenadores...
Joel

O día 23 de maio fomos de excursión a Vigo ver unha exposición, explicáronnos moitas cousas. Despois deixáronnos xogar. Na pantalla do submarino víanse peixes en 3D. Logo fomos ao taller de pintura e deixáronnos pintar unha brúxula con cousas do mar. Máis tarde fomos comer e nos deixaron xogar un pouco no parque. A continuación fómonos para o cole e o conductor deunos fotos de fútbol.
Sabela
O día 23 fomos a Naturnova e xogamos a moitas cousas. Observamos cadros e xogamos ás diferencias. Falamos do mar, xogamos e fomos a unha sala e observamos fotos da auga. Fomos a un parque, comemos e demos un paseo. Vimos ras, patos e patiños. Logo fomos ao cole e xogamos un pouco.
Brais

23 de mayo de 2012

22 de mayo de 2012

Cuando llega la señora primavera


¡Que sorte teñen as nenas e os nenos de 1º! Hoxe veu Carmen, a mamá de Lara, lerlles este conto tan curioso que fala dos froitos da primavera, do tempo, de como cambian as árbores e os campos... Estiveron moi atentos para non perder detalle. 
Grazas Carmen por compartir con nós esta lectura.

Papoula


O día 16 veu Xulio, o papá de Xulia, lerlle aos nenos e as nenas de 1º o libro "Papoula". Fala desta planta que ten unha flor moi fermosa e que sae na primavera e no verán. Atópase nas beiras das estradas, nos campos de cereais...
Grazas Xulio, aprendemos moitas cousas das papoulas

21 de mayo de 2012

Esponxa de mar

Hoy leí una información de las esponjas de mar. Los camarones se meten dentro de las esponjas de mar y las limpian. Las esponjas de mar tienen un agujero por donde expulsan los espermatozoides y los óvulos.
Mar

15 de mayo de 2012

Pingüín emperador





HOXE CONTEI A INFORMACION DO PINGÜÍN EMPERADOR. ESTABA NERVIOSO E NON LIN MOI BEN.O PINGÜÍN TEN DÚAS MANCHAS LARANXAS AOS DOUS LADOS DA CARA.
IKER

10 de mayo de 2012

9 de mayo de 2012

Cabaliños de mar


O CABALIÑO DE MAR TEN UNHA COUSA MOI CURIOSA, QUE O MACHO É O QUE CRÍA OS CABALIÑOS PEQUENOS. COMO NON SE PODEN DEFENDER ESCÓNDENSE ENTRE AS ALGAS.
XOEL.

7 de mayo de 2012

6 de mayo de 2012

Un poema para MAMÁ

Momentos con mamá

Momentos felices
cando estou contigo.

Momentos extraordinarios
cando durmo contigo.

Momento alegres
cando xogas comigo.

Momentos preciosos
cando me das un bico.

Momentos divertidos
cando xogamos na praia.

Momentos artísticos
cando pintas comigo.

Momentos doces
cando me das unha aperta.

Momentos amables
cando facemos as paces.

Momentos...

3 de mayo de 2012

2 de mayo de 2012

Arroaces


HOXE LIN UNHA IFORMACIÓN DOS ARROACES. TRATA DE COMO NACEN E TAMÉN COMO VIVEN E COMO SON, QUE COMEN E DONDE ESTÁN. TODOS ESTIVERON MOI ATENTOS. O PRÓXIMO QUE LEA VAI SER XOEL.

TEO

30 de abril de 2012

27 de abril de 2012

¡Puag, que noxo!



Patri, a mamá de Xaime, veu ao cole e contounos este entrañable e divertido conto de Fina Casalderrey.
Conta a historia dun neno que se queda só na casa coa súa irmá, un bebé de sete meses. A nena fai caca e enlarafúzase toda, el ten que resolver a situación.
Grazas Patri por dedicarnos parte do teu tempo.

26 de abril de 2012

23 de abril de 2012

19 de abril de 2012

18 de abril de 2012

Unha torre moi alta



CON 3 TORRES PEQUEÑAS HICIMOS OTRA TORRE DE 135 CENTIMETROS, LAS PUSIMOS UNA ENCIMA DE OTRA. EN  LO ALTO PUSIMOS 3 BANDERAS.
DAVID Y JOEL.

Ranilda



O DIA 18 CONTEI O CONTO DE RANILDA. UNHA RA A QUE NON LLE GUSTABA O SEU ASPECTO. UN DIA FOI VISITAR O SAPOCONCHO E LLE DIXO:
-NON ME GUSTA O MEU ASPECTO
-O CASO E QUE ES UNHA RA ENCANTADA, PARA CONVERTIRTE NUN PRINCIPE TES QUE CONSEGUIR QUE UNHA MULLER TE BIQUE NO PAPO...

13 de abril de 2012

DON QUIJOTE DE LA MANCHA


EN LA CLASE DE 1º ESTAMOS LEYENDO EL LIBRO DE DON QUIJOTE DE LA MANCHA, CON AYUDA DE NUESTRAS FAMILIAS BUSCAMOS INFORMACIÓN DE SU AUTOR.


DON MIGUEL DE CERVANTES ES EL AUTOR DE LA NOVELA “EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA”

NACIÓ EN ALCALÁ DE HENARES (MADRID) EN EL AÑO 1547.

FUE SOLDADO, PARTICIPÓ EN LA BATALLA DE LEPANTO Y LE HIRIERON EN UNA MANO POR ESO LE LLAMARON “MANCO DE LEPANTO”.

PASÓ CINCO AÑOS EN CAUTIVERIO(CÁRCEL), INTENTÓ ESCAPARSE CUATRO VECES.

EL QUIJOTE LO ESCRIBIÓ SOLO CON UNA MANO.

ESCRIBIÓ NOVELAS, POESÍA Y TEATRO.

ALGUNAS DE SUS OBRAS:

· RINCONETE Y CORTADILLO

· LA GITANILLA

· LA ILUSTRE FREGONA

·

SE CASÓ CON CATALINA DE SALAZAR.

MURIÓ EN MADRID EL 23 DE ABRIL DEL AÑO 1616. AHORA EL 23 DE ABRIL ES EL DÍA DEL LIBRO PORQUE TAMBIÉN MURIÓ OTRO ESCRITOR IMPORTANTE.