25 de mayo de 2011
A excursión dos nenos/as de 1º Ciclo
Onte fomos de excursión a unha fábrica de conservas e a Cabo Udra. Na fábrica de conservas había moitas máquinas. Vimos como se cocían, como se preparaban e enlataban os mexillóns. Deixáronnos probalos. Tamén vimos diferentes tipos de latas. Cada palé tiña 11000 latas.
Ao saír da fábrica baixamos en autobús a Cabo Udra. Alí vimos cabalos, bolboretas, unha langosta, un lagarto arnau e outros bichos; toxos, uvas de lagarto, carballos, eucaliptos; tamén había moitas rochas. Comemos, xogamos e fixemos unha ruta ata as praias de Lagos.
Tivemos moito calor pero pasámolo moi ben.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario