30 de noviembre de 2009
Visitamos a exposición de Maruja Mallo
Hoxe as clases de 2º e 1º fomos a ver cadros de Maruja Mallo. Primeiro fixemos a fila das parellas, despois montamos no autobús. Cando chegamos a Moaña tiñamos un problema co parque, estaba en obras e tivemos que ir ao parque de Domaio. Nada máis chegar comemos a merenda e púxose a chover, buscamos un refuxio para non mollarnos. De alí a un pouco subimos ao autobús e fomos a un parque de pasear en Vigo, nel xogamos a pita e despois as profes nos chamaron para ir á Casa das artes. Cando chegamos fixemos manualidades. Consistían en que faciamos un cadro ao que lle faltaban pezas. Nunha caixa que estaba na mesa había cachiños de moitas cores, eran as cousas que lle faltaban aos cadros. Podiamos poñerlle detalles. Logo fomos as salas de cadros que aínda non coñeciamos, a min me gustou moito o da señora pescadora e a señora agricultora. Cando chegamos de volta ao cole rematamos as manualidades que fixeramos. Despois tocou o timbre e fómonos para a casa.
Antón
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Parece que o pasastes moi ben e iso que eu non fun, que pena.
Non te preocupes ïan, faremos máis saídas e seguro que estarás ben.
Publicar un comentario