A Guapa saíulle un vulto no pescozo.
¿Que podemos facer?
Isto é o que pensamos:
- Podemos preguntarlle ao tío de Candela que é veterinario.
- Preguntarlle ao tio de Cris que sabe de tartarugas.
- Buscar en internet enfermidades de tartarugas.
- Chamar por teléfono ao zoo da Madroa.
- Falar polo messenger co zoo e mandar unha foto da tartaruga.
- Escribir un mail ao zoo e enviar unha foto.
- Escribir unha carta ao veterinario do zoo.
2 comentarios:
hola chicos e chicas:
A miña irma tamén ten unha tartaruga que lle pasou o mesmo e vos recomendo que a levedes a un veterinario porque ao mellor é a mesma cousa.
A tartaruga da miña irmá tiña "otite" que é unha inflamación do oído e a tiveron que operar.
bueno, xa me contaredes. un bico forte para todos e todas
Grazas Luz pola túa recomendación. Temos preparado o texto dun correo para enviarlle a Paco, o tío de Candela que é veterinario. De momento a tartaruga non deixa de comer, supoñemos que non será nada grave.
Bicos
Publicar un comentario