6 de julio de 2009

Remata o conto da clase das FORMIGAS

Había unha vez un rei que tiña orellas de burro. Tiña unha filla que se chamaba Nana. Vivían nun castelo. O castelo era grande e amarelo.
Un día a filla saiu do castelo e foi á casa dos seus amigos. Polo camiño tropezou e caeu nun pozo que era moi fondo e quedou atrapada. Había crocodilos e a filla do rei escalou, chegou pingando á casa dos seus amigos e tiveron que deixarlle roupa de neno que lle quedaba grande.
O seu pai, o rei, foina buscar á súa habitación e non a atopou. Empezou a buscala por todo o castelo. O rei quedou moi triste porque non a atopou e pensaba que a raptaran. Colleu o cabalo e foi ao bosque a ver se estaba a súa filla. Mentres, a princesa, estaba xogando cos seus amigos á pita serpe...


¿Perderase no bosque?
¿Encontrará á súa filla?

Escribe un comentario co final do conto.

No hay comentarios: