20 de junio de 2013

Campamentos saharauis de Tindouf

Onte Susana e Paula, a mamá e a tía de Anxo, viñeron falarnos dos nenos e das nenas que viven nos campamentos saharauis. O primeiro que nos explicaron foi onde está situado o campamento e a razón pola que están vivindo alí moitas familias. Ensináronnos vídeos e fotos onde puidemos ver como é o lugar onde viven, como son as súas casas que se chaman jaimas, os animales que coidan, os depósitos onde teñen a auga, a escola...
Alí as condicións de vida moi duras, dependen totalmente da axuda internacinal para subsistir pero a pesar de todo isto comprobamos que os nenos e as nenas son alegres e con moi pouco son felices. ¡Canto temos que aprender deles!

Tamén puidemos ver fotos de Fatma, unha nena saharaui que pasou varios veráns aquí coa familia de Anxo. Durante a súa estancia acollérona como un membro máis da familia e participou en moitas actividades como ir ao cine, a praia, celebrar os aniversarios, bañarse na piscina, ir ás festas de verán... algo que non pode facer no seu campamento.
Grazas Susana e Paula por compartir con nós esta experiencia, seguro que todos/as aprendemos a ser máis solidarios/as e a valorar o que temos.

Alfombras que teñen nas jaimas, as pequenas utilízanas para rezar.

No hay comentarios: