27 de febrero de 2009

UNHA ADIVIÑA DE CRISTINA O.



Salta que salta.
Canta que canta.
Mira que mira,
pero a coliña lle falta.


22 de febrero de 2009

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Hoxe (20-1-09) celebramos o Entroido.


Fixemos unha ficha e logo merendamos chulas, filloas, orellas...



Despois de xogar no patio, disfrazámonos de Ratos Electrónicos.



Desfilamos pola Pedreira.




Á volta cantamos a canción.


Ao final queimamos o Meco.


Queremos agradecer ás familias a colaboración na confección dos disfraces, na elaboración de postres típicos e a participación nesta festa de Entroido.


18 de febrero de 2009

Un conto de Pedro



O saltón e o lagarto

Era unha vez un saltón que foi durmir porque era noite. Cando se fixo de día, foi dar un paseo polo monte. Alí estaba un lagarto tomando o sol. O saltón preguntoulle se quería xogar con el e o lagarto díxolle que si. Xogaron ás agachadas e pasárono moi ben.

16 de febrero de 2009

Nico fai orellas para o Entroido



O xoves miña nai máis eu e os meus irmáns imos facer orellas. Miña nai fai a masa e nos facemos as orellas.

Estiramos a masa na mesa e cun vaso facemos a forma. Despois van para a tixola.

Ao sacalas botámoslle moito azucre.


13 de febrero de 2009

Álvaro informa sobre Cupido e o amor


Cóntase que houbo un anxo chamado Cupido que co seu arco lanzaba frechas aos corazóns dos mozos e das mozas para que se namorasen.

11 de febrero de 2009

Interesante información de Rubén


A extinción dos dinosauros

A extinción dos dinosauros non se sabe como foi, pero pénsase que se extinguiron por culpa dun meteorito que produciu un gran cambio climático.

Formouse unha nube moi grande de po que tapou o sol e morreron as plantas. Formáronse tamén unhas ondas xigantes e terremotos que arrasaron a terra.


6 de febrero de 2009

Un chiste de Santi


Na clase preguntáronme:

-Dime unha palabra que empece pola letra M.

-“Cacerola”.

-¿Onde ten a “cacerola” o M?

-No mango.

5 de febrero de 2009

CARTA DE AMOR PARA DULCINEA


As nenas e nenos de 1º axúdanlle a D. Quijote a escribir unha carta de amor para a súa amada.


La Mancha, 5-2-09

Mi amada Dulcinea:

Estuve todos estos días sin verte y pensando en ti. Ay! Que triste estoy!

Eres como una luz brillante que ilumina mi corazón. Eres bella como unha rosa. Mi corazón late por verte. Estoy contando los días que faltan para estar a tu lado.

Adiós, mi sol brillante!
Te quiero, mi princesa Dulcinea.

Don Quijote

4 de febrero de 2009

Inés infórmanos...


As hienas teñen o corazón o dobre de grande có dun león.

Poden percorrer cen quilómetros nun só día.

2 de febrero de 2009

Facemos un retrato das nosas compañeiras e compañeiros


Adiviña a quen retratou cada un/unha de nós.