24 de junio de 2010

Os xirasois están a punto de florecer


A mediados de abril plantamos pipas na horta.


Cando só pasaran uns días xa brotaran.


Empezaron a medrar moi rápido porque fixo sol e choveu.


Agora están enormes, están máis altos ca alambrada.


Teñen os botón a punto de florecer. Se pasades polo cole observádeos.

22 de junio de 2010

Xogos e merendola para rematar o curso


Esquerda, esquerda ,dereita, dereita...


Non te movas Stabri, que caemos!


Umm!! Que ben sabe!!

1 de junio de 2010

A excursión de fin de curso



Hoxe fomos a Vigozoo. Fomos primeiro ao parque de Moaña. Alí merendamos e xogamos. Despois fomos a Vigozoo. Alí había moitos animais: emús, ñandús, pavos reais, corvos, buitres, águia real, patos, cisnes, castor, gamos, cervos, gamo albino...
O que máis me gustou foi o estanque das tartarugas porque estaban nadando e algunhas botaban a cabeza fóra.
Sergio

O que máis me gustou foron os osos porque se movían moito e estaban xogando.
Candela

O estanque das tartarugas gustoume moito porque estaban nadando e algunhas botaban a cabeza fóra.
Sergio

Gustáronme moito os osos porque xogaban na auga.
Luana

Gustáronme os orix porque os mamíferos con cornos encántanme.
Antón

Gustáronme as tartarugas porque nadaban no estanque e porque había pequenas e grandes.
Lisa

O animal que máis me gustou foi o muflón porque me gusta a forma dos seus cornos.
Néstor

Encántoume o castor porque descansaba coa cola como se fose un colchón.
Pedro

O que máis me gustou foi a pantera negra porque tiñas os ollos moi brillantes.
Álvaro

Gustáronme as tartarugas caimán porque teñen unha cola con pinchos, son moi grandes e parecen un caimán de verdade.
Nico

O que máis me gustou foi un gamo porque parecía Bambi.
Hanane

Gustáronme moito os muflóns porque eran moi simpáticos, saudaban coas orellas.
Ían