30 de abril de 2010

Visitamos a Biblioteca de Cangas e a exposición de Luís Davila






O día 30 de abril fomos andando á Casa da Cultura. Polo camiño cantamos cancións como Boga boga mariñeiro, Ondiñas veñen... Cando chegamos ensináronnos a biblioteca, ¡tiña 27.000 libros! Despois estivemos na sección de nenos/as lendo contos. Máis tarde baixamos á sala de exposicións e vimos os cadros de Luís Davila. Algúns deles eran Gaiteiro, Gaiteiro I, Os compadres; todos tiñan raias. Cando acabamos fomos merendar a un parque e xogar un bo rato. Finalmente fómonos para o cole e tivemos Ed. Física e Inglés. Ao rematar recollemos as nosas cousas e marchamos para a casa.

No hay comentarios: