30 de abril de 2013

Noraboa campión!!

Fun a un cross e quedei de 2º. Déronme unha copa grande de cor vermello e dourado.
Dani

Os catro amigos

Manu e Dani contáronnos este conto tan divertido. Os protagonistas son catro amigos ben diferentes (un burro, un can, un gato e un galo) que compoñen un fabuloso equipo. Entre os catro realizan un gran traballo, conseguen que uns ladróns fuxan espantados.

26 de abril de 2013

24 de abril de 2013

Alejandro cuenta...


O pirata pata de lata


 

Esta mañá Brais M. contounos moi ben este conto tan divertido. Fala dun pirata atrevido que co seu parche no ollo, o seu loro Simeón e o seu barco mariñeiro percorre o mundo enteiro sorteando aventuras.

23 de abril de 2013

Día do libro

Hoxe celebrouse o día internacional do libro. Nós, aproveitando que estivo un día soleado, celebrámolo cunha sesión de lectura no patio do cole. Nestas fotos podedes observar aos cativos disfrutando destes momentos de lectura.

19 de abril de 2013

18 de abril de 2013

O carballo con botas

Onte Anxo Moure atrapou aos nenos e as nenas con esta histaria que fala das árbores. Xa na clase escribiron a noticia do "Contacontos" por parellas.


Doaa e Nerea escribiron:
Hoxe (17de abril) Anxo Moure contounos un conto que se titulaba "O carballo con botas". Foi na biblioteca de A Rúa. Foi moi divertida. Bailamos, cantamos e repetimos moitas palabras. Participaron Nerea, Adri, Aïcha. As profes tamén bailaron.

17 de abril de 2013

16 de abril de 2013

Corre corre, cabaciña

Hoxe as encargadas de ler o conto foron Ainara e Noa. Elixiron este que tanto nos gusta. Fala dunha avoiña que ía a voda da súa neta. Polo camiño atopou unhas feras que querían papala. Ela logrou despistalas dicíndolles que á volta da voda estaría máis gordiña. As feras agardaron pero a neta preparou un plan para que non a comeran...

15 de abril de 2013

12 de abril de 2013

10 de abril de 2013

9 de abril de 2013

A cebra Camila

Esta mañá, Abril e Anxo léronnos este conto tan entrañable. Camila, esta pequena cebra, estaba cansa de levar cueiro e tirantes, soñaba con deitarse na herba sen as prendas que tanto lle amolaban. Un día por arte de reviravento deixou de ser unha cebra listada e converteuse en algo parecido a unha mula branca con camiseta de raias. Ao verse así...

8 de abril de 2013

5 de abril de 2013

Xandre vai esquiar


A gaivota


Na casa, coa axuda da nosa familia, buscamos información da gaivota. Para ver a información que completamos entre todos e todas preme na imaxe.


4 de abril de 2013

Gústame o inverno

Pedro contounos este bonito conto; á súa protagonista gústalle o inverno. ¿Por que lle gusta?  
porque pode poñer o xersei de cores que lle fixo a avoa, 
porque xoga coas folerpas cando neva, 
porque chove sobre o paraugas e ¡non se molla!, 
porque ao seu gatiño nácelle moito pelo, ¡parece un pompón!, porque a súa boca bota fume coma un dragón
porque ...

3 de abril de 2013

Manu M. conta...


A catalpa do patio empeza a agromar

Aínda que o tempo está un pouco frío as árbores empezan a espertar pouco a pouco.
A catalpa que temos no patio xa ten unhas follas pequeniñas pero que seguro han medrar ben en poucos días. Irémola observando a miúdo.
Nestas fotos podedes ver as primeiras folliñas.

2 de abril de 2013

Que leria de cordóns!


Hoxe tocoulles a Mara e a Yasmine ler este conto tan entretido. Conta que Laura está un pouco disgustada porque a súa nai mercoulle uns zapatos de cordóns e ela aínda non sabe atalos. Intenta escondelos no faiado para que a súa nai non os atope. Alí é onde descubre que...